Afonso V de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:AfonsoV-P.jpg|thumb|Afonso V de Portugal]]
'''D. Afonso V''', alcumado ''o Africano'' polas conquistas que fixo no norte de [[África]], décimo segundo [[Lista de reis de Portugal|Rei de Portugal]] (terceiro da [[dinastía de Avis]]), naceu en [[Sintra]] a [[15 de Xaneiroxaneiro]] de [[1432]] e morreu na mesma vila a [[28 de Agostoagosto]] de [[1481]]. Era fillo do rei [[Duarte de Portugal]] e da súa muller, a princesa Leonor de Aragón. Afonso V sucedeu a seu pai en [[1438]], con apenas seis anos.
 
Durante a súa menoridade, Portugal foi rexido pola súa mai, [[Leonor de Aragón]], de acordo co desexo expreso en testamento polo rei [[Duarte de Portugal]]. No entanto, por ser muller e estranxeira, Leonor de Aragón non era unha escolla popular e a oposición creceu. O único aliado da raíña mai era [[Afonso I de Bragança|Afonso]], irmán ilexítimo de Duarte e Conde de Barcelos. En [[1439]], as Cortes deciden retirar a rexencia a Leonor e entregala a D. [[Pedro, Duque de Coimbra]], o tío máis vello de Afonso. Como rexente, Pedro procurou limitar o desenvolvemento de grandes casas aristocráticas, verdadeiros reinos dentro do reino, e concentrar o poder na persoa do rei. O país prosperou baixo a súa xurisdición, mais o ambiente político non era o máis saudábel unha vez que D. Pedro interfería coa ambición dos nobres. O Conde de Barcelos, inimigo persoal de D. Pedro, a pesar de seren medios-irmáns, tornouse no tío favorito de Afonso V e comezou a conspirar polo poder. En [[1442]], D. Afonso nomea este tío como primeiro [[Duque de Bragança]]. Con este título e terras adxacentes, D. Afonso tórnase no home máis poderoso de Portugal e nun dos máis ricos da Europa. Para asegurar a súa influencia xunto de D. Afonso, D. Pedro organiza o casamento do novo rei coa súa filla [[Isabel de Portugal, raíña de Portugal|Isabel de Coimbra]].
 
A [[9 de Xuñoxuño]] de [[1448]], D. Afonso V atinxe a maioridade e asume o control do reino. A [[15 de Setembrosetembro]] do mesmo ano, desexoso de mostrar independencia política, anula todos os editais aprobados durante a rexencia. A situación tórnase inestábel e, no ano seguinte, levado por informacións que máis tarde virían a probarse falsas, D. Afonso declara o tío e sogro D. Pedro rebelde e inimigo do reino. Xuntamente con Afonso de Bragança, derrota o Duque de Coimbra na [[batalla de Alfarrobeira]], onde este é morto en combate. Despois desta batalla e da perda do máis notábel príncipe da ''[[Ínclita xeración]]'', D. Afonso V pasa a ser totalmente controlado polo Duque de Bragança.
 
Acabada a inestabilidade interna, a atención de D. Afonso V concentrouse na expansión no [[Norte de África]], iniciada en [[1415]] coa [[conquista de Ceuta]]. En [[1453]] dáse a [[caída de Constantinopla]] e o papa [[Calisto III]], en [[1456]], apela a unha cruzada, a que D. Afonso V responde preparando un grande exército. Mais, frustrada esta misión, D. Afonso V retoma a campaña no Norte de África. O exército real conquistou, nas campañas que valeron a D. Afonso o cognome do ''Africano'', [[Alcácer-Ceguer|Alcácer Ceguer]] ([[1458]]), [[Anafé]] ([[1464]]) e [[Arcila (Marrocos)|Arcila]] ([[1471]]); coa toma desta praza caíran tamén nas mans dos Portugueses as de [[Tánxer]] e [[Larache]]. O rei subsidiou aínda as exploracións do [[Océano Atlántico]], concedendo o comercio na Guiné a [[Fernão Gomes]], coa condición de descubrir todos os anos 100 leguas de costa, o que o levaría até á costa de [[São Jorge da Mina]]. Organizadas polo seu tío, o [[Infante D. Henrique]], estas viaxes non tiveron continuidade despois da morte deste en [[1460]]. Do punto de vista administrativo, D. Afonso foi un rei ausente, pouco preocupado co desenvolvemento do comercio e a administracción do reino.
 
Coas campañas africanas terminadas, D. Afonso V atopou novas batallas, desta vez políticas, na [[Península Ibérica]] e na veciña [[Castela]], onde un escándalo de consecuencias dinásticas acababa de comezar. O rei [[Henrique IV de Castela]] morreu en [[1474]], tendo como única herdeira Dona [[Xoana a Beltranexa|Xoana, princesa de Castela]]. Mais a paternidade da princesa era contestada con base na suposta homosexualidade do rei e na relación da raíña, [[Xoana, princesa de Portugal|Xoana de Portugal]] irmá de D. Afonso, cun nobre chamado [[Beltrán de la Cueva]]. A nobreza e o clero estaban divididos, e unha parte apoiou a irmá de D. Henrique e tía de D. Xoana, coroada como raíña [[Isabel I de Castela|Isabel I]]. É neste punto que D. Afonso V interfire, casando en [[1475]] coa sobriña e asumindo as súas pretensións ao trono. D. Afonso V declárase rei de Castela e invade o país veciño. A campaña resulta en fracaso, cando D. Afonso abandona o campo da [[batalla de Toro]], onde as tropas de Castela liderounas o rei [[Fernando II de Aragón]], recentemente casado con Isabel. D. Afonso procurou aínda o apoio de [[Luís XI de FranzaFrancia]], mais ao verse traicionado regresa a Portugal en [[1477]]. Desilusionado e con síntomas de depresión, D. Afonso retírase para un mosteiro en [[Sintra]] e abdica para o fillo [[Xoán II de Portugal|Xoán]]. Téndose retirado da vida política, morre en 1481.
 
Xaceu no [[Mosteiro de Santa María da Vitoria]], na [[Batalla (Portugal)|Batalla]].