Mancomunitat de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Nova páxina: thumb|Presidentes das catro Deputacións catalás. '''A Mancomunidade de Cataluña''' (en catalán ''Mancomunitat...
 
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:presidents_diputacions_mancomunitat.jpg|thumb|Presidentes das catro Deputacións catalás.]]
'''A Mancomunidade de Cataluña''' (en [[Lingua catalá|catalán]] ''Mancomunitat de Catalunya'') foi unha institución de ámbito catalán promovida polo dirixente da [[Lliga Regionalista]], [[Enric Prat de la Riba]]. Desde o seu cargo na presidencia da Deputación Provincial de Barcelona, que asumiu en 1907, impulsou un proxecto de integrar por primeira vez as catro deputacións provinciais nun instrumento de autogoberno. As negociacións co goberno central iniciáronse en 1911 e en 1913, o político conservador [[Eduardo Dato]] promulgou o Real Decreto polo cal se autorizaba a unión das deputacións con fins puramente administrativos. O [[18 de decembro]] de [[1913]] o rei asinou o [[s:Real Decreto sobre Mancomunidades de 18 de decembro de 1913|"Decreto de Mancomunidades Provinciais]]". A pesar de que a lei era aplicable a todas as provincias españolas, finalmente só as catro provincias catalás fixeron uso da lei, formando a Mancomunidade de Cataluña.
 
A Mancomunidade constituíse o 6 de abril de 1914 baixo a presidencia de [[Enric Prat de la Riba]], presidente da Deputación de Barcelona e da Lliga Regionalista. Segundo o seu propio estatuto, a Mancomunidade de Cataluña constaba dunha Asemblea Xeral, formada por 96 deputados das catro deputacións; a Presidencia, ocupada polo presidente da Deputación Provincial de Barcelona; e o Consello permanente, que incluía as seguintes consellerías: Camiños e Portos, Cultura e Instrución, Agricultura e Servizos Forestais, Beneficiencia e Sanidade, Obras hidráulicas e Ferrocarrís, Teléfonos, Política Social, e Facenda. Constituír o 6 de abril de [[1914]].