Corporación de Radio e Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A [[TVG]] e a [[Radio Galega]] iniciaron as súas emisións en xullo de [[1985]] e foron o primeiro medio audiovisual e radiofónico en emitir en lingua galega toda a súa programación.
 
Na actualidade a CRTVG xestiona as cadeas de radio Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio ([[DAB]] e [[TDT]]) e as canles de televisón [[TVG]], TVG Europa e TVG América, emitindo as dúas últimas canles por satélite. Ademais TVG América tamén emite por [[TDT]] (neste último caso misturada con emisións deportivas na fin de semana e moi ocasionalmente entre semana) á espera do nacemento da [[G2]], a segunda canle "pura".
 
O seu Consello de Administración está composto por doce membros elixidos para cada lexislatura polo [[Parlamento de Galicia]] entre persoas de acreditado prestixio profesional. A súa misión céntrase en velar polo cumprimento do disposto na Lei de Creación da Compañía e, especialmente, en aprobar aquelas materias que asentan as directrices do funcionamento da entidade pública, como son a programación, a memoria anual, o cadro de persoal e as normas reguladoras da emisión de publicidade.
Liña 15:
==Historia==
O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da [[lingua galega]], dunha banda o conselleiro da Presidencia, [[Xosé Luís Barreiro Rivas]], era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente [[José Manuel Romay Beccaría]] era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG ainda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concurriran polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigüa, tan só os nacionalistas do [[BNPG]]-[[PSG]] e [[EG]] estaban totalmente a favor da súa creación.
 
== Lista dos directores xerais ==
 
{| bgcolor="#f7f8ff" cellpadding="3" cellspacing="0" border="1" style="font-size: 95%; border: gray solid 1px; border-collapse: collapse;"
|- align="center" bgcolor="#CCCCCC"
!Anos
!Director
|- align="center"
|1985-1986
|[[Luis Losada]]
|- align="center" bgcolor="#EFEFEF"
|1986-1987
|[[Lois Caeiro]]
|- align="center"
|1987-1990
|[[Abilio Bernardo de Quirós]]
|- align="center" bgcolor="#EFEFEF"
|1990-1994
|[[Ramón Villot]]
|- align="center"
|1994-2005
|[[Francisco Campos]]
|- align="center" bgcolor="#EFEFEF"
|2005-
|[[Benigno Sánchez]]
|}
 
 
== Ligazóns externas ==