Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Os Ancares''' é unha comarca que toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental da [[Galiza]], nos límites con [[Asturias]] e [[Castela e León]]. É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da [[A Fonsagrada|Fonsagrada]] (ao N) e [[O Courel]] (ao S). Os Ancares teñen 12.480 habitantes (datos de 2007), e uns 907 Km<sup>2</sup>, por tanto posúen unha baixa densidade poboacional.
 
Os concellos que conforman Os Ancares galegos son [[Becerreá]], [[As Nogais]], [[Baralla]], [[Cervantes]], [[Navia de Suarna]] e [[Pedrafita do Cebreiro]].
Nos Ancares hai importantes masas forestais de [[Carballo (árbore)|carballo]] e [[bidueiro]], acompañados de [[abeleira]]s, [[cancereixo]]s, [[acivro]]s, [[pradairo]]s e [[teixo]]s. Tamén hai mato abondo, como é o caso das [[uceira]]s e piornais predominantes. A súa especial situación xeográfica fai que haxa especies ausentes no resto da Galiza, como é o caso do [[oso]] pardo, en vías de extinción, e a vulnerábel [[pita do monte]].