Folga xeral revolucionaria de 1934: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 1:
A '''folga xeral revolucionaria de 1934''' foi un movemento [[folga|folguístico]], que adquiriu carácter revolucionario e insurreccional e que tivo lugar entre o 5 de outubro e o 19 de outubro de 1934, contra a entrada no goberno de tres integrantes da [[Confederación Española de Derechas Autónomas|CEDA]] como ministros. Este movemento estivo alentado dende amplos sectores e importantes dirixentes do [[PSOE]] e a [[UXT]], como [[Francisco Largo Caballero]] ou [[Indalecio Prieto]] e de forma desigual pola [[CNT]] e o [[PCE]].
 
Os principais focos da rebelión producíronse en [[Cataluña]] e [[Asturias]].
 
==Contexto histórico==
Tralas eleccións xerais de 1933, oso [[Partido Republicano Radical|radicais]] formaronformou un goberno monocolor minoritario liderado por [[Alejandro Lerroux]], e apoiado nas Cortes pola [[Confederación Española de Derechas Autónomas]] (CEDA). Este último partido, de ideoloxía clerical e antirrepublicana, ó ser o partido máis votado, convertérase na principal minoría da Cámara.
 
En outubro de 1934 a CEDA retirou a súa confianza ó goberno centrista dos radicais de Lerroux, e esixiu participar no mesmo. O presidente da República [[Niceto Alcalá-Zamora]], malia os temores que lle inspiraba a doutrina de [[José María Gil Robles|Gil Robles]] sobre o ''[[accidentalismo]]'' das formas de goberno, decide indicar a Lerroux que forme un novo goberno, defenestrando o goberno moderado de [[Ricardo Samper]]. Entran así tres ministros da CEDA no Gabinete: [[Manuel Giménez Fernández]] en Agricultura, [[Rafael Aizpún]] en Xustiza e [[José Oriol Anguera]] en Traballo.
 
Porén, este nomeamento non é aceptado polos partidos de esquerda, especialmente o [[PSOE]], que agardaban unha convocatoria anticipada de eleccións xerais. Mesmo o antigo compañeiro de partido de Alejandro Lerroux, Diego Martínez Barrio, pediu ó Presidente da República que lle dera o poder á esquerda para salvar a República<ref>''República y guerra civil''. Julián Casanova. Páx. 128.</ref>.