Diferenzas entre revisións de «Gallia Narbonensis»

un pouquiño de wikificacion
(un pouquiño de wikificacion)
[[Imaxe:REmpire-04 Gallia Narbonensis.png|thumb|300px|A provincia romana da Gallia Narbonnensis]]
A '''Gallia Narbonnensis''' (Galia Narbonense) era unha provincia do [[Imperio Romano]] creada a partir da primeira colonia fundada no [[-118|118 adC.]] polos romanos no litoral mediterraneo da [[Galia]], actual [[Francia]]. Esta colonia primitiva, Narbo ([[Narbona]]), situada nas beiras do [[río Aude]], daralle máis tarde o seu nome a toda a provincia romana que se estrutura ao seu redor. Os romanos déronlle o nome de ''Narbo Martius'', xa que estaba dedicada a [[Marte (deus)|Marte]], deus romano da guerra. Outra cidade importante da Galia Narbonense, Aquae Sextiae ([[Aix-en-Provence]]), foi fundada na mesma época ([[-122|122 adC.]]). Os vinculos desta provincia con [[Roma antiga|Roma]] foron tan fortes que os romanos a miúdo se referían con [[Provincia]] só a esta rexión. esta denominación deu lugar ao actual nome de [[Provenza]] (''Provence'', en francés).
 
Roma ocupa a Galia Narbonesa mediante varias campañas militares, entre [[-125|125]] e [[-121|121]] adC., co obxectivo de crear unha ligazón terrestre entre a [[Hispania]] e a [[Galia Cisalpina]]. A colonia grega de Massilia ([[Marsella]]) e a súa comarca constitúen un enclave territorial especial no seo da Narbonnensis, até a súa integración definitiva nela decretada por [[Xulio César]]. Esta medida foi tomada como castigo á cidade de Marsella, que apoiara a [[Pompeio]] na súa guerra contra César. Este, procónsul da Galia narbonesa do 58 ao 49 adC., estabeleceu alí a súa base para a conquista das Galias.
 
Durante o Imperio, sobre todo a partir do principado de [[Octavio Augusto]], Narbona pasará a ser unha cidade importante. Co obxectivo de estabelecer un censo dos galos e de organizar o seu territorio, Augusto estabelécese en Narbona. No 22 adC., a Gallia Narbonnensis pasa a ser unha provincia senatorial, isto é, situada baixo a autoridade do [[Senado romano]]. O territorio da provincia foi dividido en 22 ''civitates'', unidades administrativas intraprovinciais de diferente tamaño e creadas sobre as divisións territoriais indíxenas.
 
Narbona convértese nun dos grandes portos comerciais do [[mediterráneo]], no cruzamento de dúas grandes vías romanas: a [[Via Domitia]] (construída no [[-120|120]] adC. para unir [[Italia]] con Hispania a través da Galia Narbonense) e a [[Via Aquitana]] (ligazón da costa mediterránea coa [[Atlántico|atlántica]] a través de [[Toulouse]], e que ía de Narbona a [[Burdeos]]). A bisbarra de Narbona estaba composta de grandes explotacións agrícolas nas que se producían [[trigo]], [[aceite]] e diferentes viños[[viño]]s, xa famosos naquela altura. O período de esplendor de Narbona e a súa provincia prolóngase durante os dous primeiros séculos da nosa era. Un texto de [[Plinio o Vello]] describe a Galia Narbonense dándonos unha boa idea de como percibían os romanos esta provincia no século I :
 
"Narbonensis provincia appellatur pars Galliarum quae interno mari adluitur, Bracata antea dicta, amne Varo ab Italia discreta Alpiumque vel saluberrimis Romano imperio iugis, a reliqua vero Gallia latere septentrionali montibus Cebenna et Iuribus, agrorum cultu, virorum morumque dignatione, amplitudine opum nulli provinciarum postferenda breviterque Italia verius quam provincia".
 
''Chámase Provincia Narbonesa á parte das Galias situada no litoral mediterráneo. Noutrora chamada Bracata, limita con Italia no [[río Var]] e nas montañas dos [[Alpes]], a muralla natural máis segura do [[Imperio Romano]]. Máis para o norte, encóntrase separada do resto da Galia polas montañas do [[Cebenna]] e do [[Xura]]. A provincia narbonesa non se debe considerar a última das provincias debido á calidade dos seus cultivos, a respectabilidade dos seus habitantes e das súas tradicións, e a abundancia de recursos. En definitiva, a Narbonesa parécese máis a Italia que unha simple provincia.''
 
No [[século IV]], durante a [[tetrarquía]], a galia Narbonense dividiuse en tres provincias vinculadas á Prefectura das Galias:
 
* A Narbonense Primeira, que integraba as terras ao oeste do [[Río Ródano|Ródano]], limitando polo oeste coas tres [[Aquitania]]s e ao sur coa Hispania. A súa capital era Narbona e os seus principais pobos os Tectosages, Arecomici, Sardones, Tolosates, Atacini, Helvii e Umbranici.
 
* A Narbonesa Segunda, que se corresponde cunha parte da actual [[Provenza]] e do [[Delfinado]]. Limitaba ao oeste coa Narbonesa Viennensis e ao leste coa provincia dos Alpes Marítimos. Os seus principais pobos eran os Albioeci, Commoni e Salyes. A capital encontrábase en [[Aix-en-Provence]].
 
* A Narbonense Viennensis, que incluía a parte occidental do Delfinado e da provenza, así como o Condado Venaissin. A súa capital era Vienne e os seus pobos máis importantes eran os Allobroges, os Segalaunes, os Helvianos, os Tricastinos, os Voconces e os Cavares. No século V foi dividida, de súa vez, en dúas provincias que tiñan a [[Vienne]] e [[Arles]] como capitais respectivas.
 
Durante as grandes invasións do [[século V]], a Narbonense Primeira foi ocupada en [[406]] polos [[visigodos]], mentres que a Segunda e a Viennensis mantivéronse vinculadas a Roma até o [[476]], cando foron anexionadas ao reino dos [[ostrogodos]] e dos Burgundios[[burgundios]] respectivamente.
 
[[Categoría:Historia de Francia]]
9.583

edicións