Diferenzas entre revisións de «Gallia Narbonensis»

sen resumo de edición
[[Imaxe:REmpire-04 Gallia Narbonensis.png|thumb|300px|A provincia romana da Gallia Narbonnensis]]
A '''Gallia Narbonnensis''' (Galia Narbonense) era unha provincia do Imperio Romano creada a partir da primeira colonia fundada no [[-118|118 adC.]] polos romanos no litoral mediterraneo da Galia, actual Francia. Esta colonia primitiva, Narbo ([[Narbona]]), situada nas beiras do [[Aude]], daralle máis tarde o seu nome a toda a provincia romana que se estrutura ao seu redor. Os romanos déronlle o nome de ''Narbo Martius'', xa que estaba dedicada a [[Marte (deus)|Marte]], deus romano da guerra. Outra cidade importante da Galia Narbonense, Aquae Sextiae ([[Aix-en-Provence]]), foi fundada na mesma época (122 adC.). Os vinculos desta provincia con Roma foron tan fortes que os romanos a miúdo se referían con [[Provincia]] só a esta rexión. esta denominación deu lugar ao actual nome de [[Provenza]] (''Provence'', en francés).
 
Roma ocupa a Galia Narbonesa mediante varias campañas militares, entre 125 e 121 adC., co obxectivo de crear unha ligazón terrestre entre a Hispania e a [[Galia Cisalpina]]. A colonia grega de Massilia ([[Marsella]]) e a súa comarca constitúen un enclave territorial especial no seo da Narbonnensis, até a súa integración definitiva nela decretada por [[Xulio César]]. Esta medida foi tomada como castigo á cidade de Marsella, que apoiara a [[Pompeio]] na súa guerra contra César. Este, procónsul da Galia narbonesa do 58 ao 49 adC., estabeleceu alí a súa base para a conquista das Galias.
No século IV, durante a [[tetrarquía]], a galia Narbonense dividiuse en tres provincias vinculadas á Prefectura das Galias:
 
*A Narbonense Primeira, que integraba as terras ao oeste do [[Río Ródano|Ródano]], limitando polo oeste coas tres [[Aquitania]]s e ao sur coa Hispania. A súa capital era Narbona e os seus principais pobos os Tectosages, Arecomici, Sardones, Tolosates, Atacini, Helvii e Umbranici.
 
*A Narbonesa Segunda, que se corresponde cunha parte da actual [[Provenza]] e do [[Delfinado]]. Limitaba ao oeste coa Narbonesa Viennensis e ao leste coa provincia dos Alpes Marítimos. Os seus principais pobos eran os Albioeci, Commoni e Salyes. A capital encontrábase en [[Aix-en-Provence]].
 
*A Narbonense Viennensis, que incluía a parte occidental do Delfinado e da provenza, así como o Condado Venaissin. A súa capital era Vienne e os seus pobos máis importantes eran os Allobroges, os Segalaunes, os Helvianos, os Tricastinos, os Voconces e os Cavares. No século V foi dividida, de súa vez, en dúas provincias qteque tiñan a [[Vienne]] e [[Arles]] como capitais respectivas.
 
Durante as grandes invasións do século V, a Narbonense Primeira foi ocupada en 406 polos visigodos, mentres que a Segunda e a Viennensis mantivéronse vinculadas a Roma até o 476, cando foron anexionadas ao reino dos ostrogodos e dos Burgundios respectivamente.
4.047

edicións