4.047
edicións
m (robot Añadido: hu:Cancioneiro da Biblioteca Nacional) |
Sen resumo de edición |
||
O '''Cancioneiro da Biblioteca Nacional''' (tamén chamado '''Cancioneiro Colocci-Brancutti''') é unha colectánea de lirismo [[trobadorismo|trobadoresco]] [[galaico-portugués]] (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e mal-dizer).
A compilación deste cancioneiro fíxose en [[Italia]] no final do [[século XV]] ou inicios do [[século XVI]] por encargo do humanista [[Angelo Colocci]]. Foi descuberto por Costantino Corvisieri e da Enrico Molteni na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por Ernesto Monaci, foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o gardou na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).
Este [[cancioneiro]] é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis mans (incluída a de Colocci) as que traballarían no manuscrito, tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu do propio puño moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas ''razos'' esquecidas polos copistas; ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non chegaron a nós. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por D. Manuel I de Portugal ao Papa León X (1514) en que figuraba [[Garcia de Resende]]. Alí serían copiados sobre o(s) orixina(l/is) por Colocci e seu equipo creando os volumes dos que hoxe dispomos.
|
edicións