Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Solicitudes/Usuario:Lmbuga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
comentario: Esta proposta é allea a política na que se supón que se sostén
Sen resumo de edición
Liña 55:
#{{Discordo}} Totalmente en contra da túa revogación. Considérote unha das persoas que máis traballou pola e na Galipedia, que máis traballo suxo fixo (incluído o marrón de ser o primeiro administrador galego en Commons para ter algo de forza alí) e que ten unha idea máis definida do que é a Galipedia, e sobre todo do que non é. No meu humilde entender, ti debes permanecer como administrador e burócrata (de feito se ti deixas de selo non habería ninguén para facer esas funcións). Supoño que se abriches a votación e non deixaches a administración directamente é porque a nosa opinión vai ser tida en conta para o teu futuro proceder, así que non me queda máis que darche o meu ánimo e apoio, agardando que continúes coma sempre nunha galipedia que debe camiñar cara esa enciclopedia colaborativa na que entraches, vieiro que creo que estamos cando menos tentando emprender. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 13:52, 12 abril 2008 (UTC)
 
{{Comentario}}--Esta proposta é absolutamente allea o que establece a política de revogación de administradores e que coido que debería ser observada. A política está feita para que despois de que tres usuarios polos motivos taxados expostos en [[Wikipedia:Elección de administradores#Revogación dos permisos de administrador]] concorden en que a un administrador lle debe ser revogado o seu status, se abra unha votación. Se o administrador precisa algo semellante ao que no mundo político se coñece como "cuestión de confianza", que propoña a modificación da política, pero esta proposta incumpre a política establecida. Pretender dividir á Galipedia en dous bandos (ou comigo ou contra min) apelando á ética, cando non se está a dicir á comunidade que en nome dela se solicitou a paralización da actividade que se ía celebrar ante a Xunta, ou se descalificou públicamente a compañeiros ante a Xunta cando menos a min dáme moito que pensar. Coidaba que a situación podería terse arranxado, primeiro pola importancia e validez que creo que para todos teñen os dous administradores implicados para o futuro da Galipedia (ninguén solicitou a revogación de ningún) a pesar de que cadaquén poida ter a súa propia opinión sobre este asunto. Esta solicitude non ten sentido ningún, non está amparada por ningunha política. Ninguén pode obrigar a nadie a ser administrador, se Lmbuga quere deixar de selo, será unha mágoa para todos, pero é a súa decisión, non da comunidade nin pode trasladar á comunidade o peso de tal decisión, se a comunidade quixera retirarlle os permisos, pode solicitar a súa revogación cando o considere e amparándose nalgún dos motivos taxados e o mesmo digo para Xosé, pero '''polo ben de todos, xa está ben de xogar a este xogo de comigo ou contra min que non leva a ningures máis a de que cada día sexamos máis os que nos plantexemos se vale ou non a pena editar nestas condicións'''. [[User:Alma|Alma]]<sup>[[User talk:Alma| (fálame eiquí) ]]</sup> 14:59, 12 abril 2008 (UTC)