A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 152:
 
==Historia==
O inexorable paso do tempo deixou a súa impronta nestas terras a teor dos castros existentes e dos restos da cultura romana que aínda se manteñen. A antiga xurisdición da Pobra do Brollón comprendía os cotos de [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]], Froxende, [[Parada dos Montes, A Pobra do Brollón|Parada dos Montes]] , Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, [[Salcedo, A Pobra do Brollón|Salcedo]] e [[Vales, A Pobra do Brollón|Vales]], ademais das terras pertencentes ó coto do [[mosteiro de San Vicente do Pino]] en [[Monforte]]. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polos reis Sancho O Bravo eFernando O Emperador. Tamén, ó igual que gran parte da zona, A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdición da casa de Lemos, fronte á cal os veciños protagonizaron unha revolta: a dos Guímaros, ó negarse a pagar un tributo. Conta Amor Meilán que, o Conde ó ter coñecemento de tal actitude intentou sometelos coas armas e, os campesiños non tardaron en ser sometidos ó xugo económico do conde de Lemos, aínda que novamente volveron reunirse baixo o pino e acordaron manterse na súa decisión de non satisfacer o tributo, a non ser que lles fora recollido nas súas casas sen necesidade de abrir a porta, tan só tirando a moeda por debaixo da porta. Dende entón ás xentes do condado de Lemos se lles coñece como guímaros, é dicir, rudos, valentes e desconfiados. Durante moito tempo, e para conmemorar estes episodios, os veciños de A Pobra se reunían a madrugada de tódolos domingos nas inmediacións onde tivera lugar o levantamento de finais do século XIV ou principios do XV, coa fin de tomar acordos que afectasen ós intereses do municipio. Finalmente mencionar que, durante a última guerra carlista houbo en estas terras varios incidentes.
O inexorable paso do tempo deixou a súa impronta nestas terras a teor
dos castros existentes e dos restos da cultura romana que aínda se
manteñen. A antiga xurisdición da Pobra do Brollón comprendía os
cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes, Pol de Lemos, Valverde, A
Raíña, Salcedo e Vales, ademais das terras pertencentes ó coto do
mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. A actual capital municipal
gozou de foros particulares, outorgados polos reis Sancho O Bravo e
Fernando O Emperador. Tamén, ó igual que gran parte da zona, A Pobra
do Brollón estivo baixo a xurisdición da casa de Lemos, fronte á cal
os veciños protagonizaron unha revolta: a dos Guímaros, ó negarse a
pagar un tributo. Conta Amor Meilán que, o Conde ó ter coñecemento de
tal actitude intentou sometelos coas armas e, os campesiños non tardaron
en ser sometidos ó xugo económico do conde de Lemos, aínda que novamente
volveron reunirse baixo o pino e acordaron manterse na súa decisión de
non satisfacer o tributo, a non ser que lles fora recollido nas súas casas sen
necesidade de abrir a porta, tan só tirando a moeda por debaixo da
porta. Dende entón ás xentes do condado de Lemos se lles coñece
como guímaros, é dicir, rudos, valentes e desconfiados. Durante moito tempo, e para conmemorar estes episodios, os veciños de A Pobra se reunían a madrugada de tódolos domingos nas inmediacións onde tivera lugar o levantamento de finais do século XIV ou principios do XV, coa fin de tomar acordos que afectasen ós intereses do municipio. Finalmente mencionar que, durante a última guerra carlista houbo en estas terras varios incidentes.
 
Algunhs vestixios arqueolóxicos de interese son:
*Castro de Santa María, en [[Castrosante, A Pobra do Brollón|Castrosante]]
*Castro de Alende, en [[Cereixa, A Pobra do Brollón|Cereixa]]
*Castro de Lamaigrexa, en [[Lamaigrexa, A Pobra do Brollón|Lamaigrexa]]
*Castro de Xunqueiro, en [[Óutara, A Pobra do Brollón|Óutara]]