Diferenzas entre revisións de «Porto (comunicacións)»

sen resumo de edición
Desde o punto de vista funcional, a obras e as instalacións dun porto pódense clasificar pola súa localización.
 
*Así, na ''zona marítima'', destinada ao barco, dispóñense as obras de abrigo que protexen a zona de atracadas da ondada exterior, constituídas fundamentalmente polos diques; as obras de acceso que facilitan o acceso do barco ao porto en condicións de seguridade, garantindo a súa maniobrabilidade, anchura e calado adecuados. Entre elas temos a sinalización ([[radar]], [[faro|faros]], [[baliza]]s, radiofaros, [[boia]]s, etcétera), os [[dique|diques]] de encanamento, [[Canle (vía artificial de augaenxeñería)|canles]] dragados, [[esclusa|esclusas]]; as obras de fondeo coa función de manter o barco amarrado en augas tranquilas á espera da súa quenda de atracada nos [[peirao|peiraos]]; e as [[dársena|dársenas]] que constitúen a superficie de augas abrigadas aptas para a permanencia e operación dos barcos (de marea ou de flotación, segundo estean ou non sometidas á acción das mareas).
 
*Na ''zona terrestre'', destinada fundamentalmente á mercancía, atopámonos coa superficie de operación terrestre constituída polos [[peirao]]s, que ademais de facilitar a atracada e amarre dos barcos, serven de soporte ao utillaxe e de provisión provisional de mercancías; e os depósitos que ademais de adecuar un espazo ás mercancías, serven de regulación dos fluxos marítimo-terrestres.
4.047

edicións