Galicia es una mierda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
+ datiños
Liña 15:
[[Imaxe:Galiciamierda.jpg|250px|right|thumb|portada]]
'''''Galicia es una mierda''''' é o segundo disco do grupo [[Ataque Escampe]], publicado no 2008. Ademais de estar dispoñible en formato [[cd]], pódese descargar en [[mp3]] de balde na páxina do selo.
 
O título foi decidido nunha votación aberta no seu blog. As outras opcións eran ''Arredor da cuestión nacional'', ''A banda desdenhada'' e ''Siempre en Murcia''.
 
Ademais dos cinco membros da banda no momento da gravación ([[Roi Vidal]]: percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros e recitados; [[Marco Gelpi]]: acordeón, cuncas tibetás, trompeta, guitarra acústica, trombón de serie B e coros; [[Samuel Solleiro]]: violín, guitarras, teclas, coros, asubíos e recitados; [[Miguel Mosqueira]]: guitarras acústicas, baixo, teclas, tubulares, xilófono, coros e voz; e [[Álex Charlón]]: voz), tamén participaron outros músicos: [[Xoel Méndez]] (banjo e cuatro), [[Paku Granja]] (voces), [[Juan José Carbonell]] (bongós), [[Iván Pantín]] (tuba), [[Xosé Lois García]] (piano, caixa e xilófono), [[Borxa Ínsua]] (serrucho), [[Andrea Zayas]], da banda [[Sacha na Horta]], (voz), [[Brais Ríos]], tamén de Sacha na Horta, (acordeón), e [[Xoán Xosé Cruz]], de [[Qronopios]], (clarinete).