Sabor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 107:
*''[[acedo málico]]'': atopado en [[mazá]]s
*''[[acedo tartárico]]'': atopado en [[uva]]s
 
== Sensacións de Sabor ==
O [[sistema somatosensorial]] da lingua é capaz de detectar outras sensacións que en linguaxe popular denomínanse 'sabores', é por esta razón pola que se denomina: 'sabor picante', ou 'sabor quente', etc. estas denominacións fundaméntanse nas sensacións que se perciben polo [[padal]], ou a mesma lingua (fóra do eido das papilas gustativas).
 
== Patoloxías do gusto==
As patoloxías relacionadas coa perda de sabor son: as [[ageusia]]s (perda completa da capacidade de sentir sabor) e a [[anosmia]] (perda completa da capacidade de cheirar). Existen tamén patoloxías nas que a perda da capacidade é completamente parcial: [[hiposmia]] e [[hipoaxensia]]. Poden estar causadas por lesións cerebrais, infeccións ou exposición prolongada a certos elementos químicos.
 
Outra patoloxía do gusto é a denominada [[paraxeusia]] que dá como síntoma un sabor metálico ao probar a comida, adoita estar causado pola inxesta de fármacos como a [[acetazolamida]], [[metronidazole]], ou [[etoposide]]. É coñecido tamén a síndrome denominada en inglés ''Burning-Mouth-Syndrome'' (síndrome da boca ardente) que causa mal funcións na recepción dos sabores. Algunhas enfermidades da lingua poden afectar á recepción dos sabores básicos como pode ser a [[glossitis]], a [[síndrome de Sjögren]] (que ataca á saliva e glándulas).
 
== Novos descubrimentos ==
En novembro do 2005 o profesor Philippe Besnard da Universidade da Borgoña, [[Francia]] fixo un descubrimento dunhas células receptoras na lingua (novas papilas gustativas) que reciben sensacións de sabores nas graxas<ref>,"CD36 involvement in orosensory detection of dietary lipids, spontaneous fat preference, and digestive secretions" Fabienne Laugerette, Patricia Passilly-Degrace, Bruno Patris, Isabelle Niot, Maria Febbraio, Jean-Pierre Montmayeur, and Philippe Besnard, J. Clin. Invest., Nov 2005; 115: 3177 - 3184</ref>, en realidade detectouse a proteína denominada CD36, este descubrimento dá explicación ao gusto natural que posuímos pola inxesta de graxas. Este descubrimento daría lugar a un sexto sentido do sabor tras o [[umami]].
 
Dende finais dos anos [[1990]] veuse mencionando o concepto de [[supergustador]], termo orixinado pola psicóloga experimental Dr. Linda Bartoshuk que foi a que pasou grande parte da súa carreira estudando e analizando as posibles ''variacións xenéticas no gusto''. A comezos dos 90, Bartoshuk e os seus compañeiros notaron que algúns individuos no laboratorio posuían un nivel de resposta aos sabores maior que a media da poboación, a estes individuos denominóuselles 'supergustadores' (''supertasters'' en [[inglés]]<ref>Bartoshuk, L. M. (1991). "Sweetness: History, Preference, and Genetic Variability." Food Technol. 45(11): 108,110, 112-113</ref>. Esta elevada resposta á percepción dos sabores non é o resultado dun [[sesgo de resposta]] ou a un artefacto de escalada, amosouse que é un fenómeno explicado puramente dentro da área do anatómico/biolóxico.