Marcel Gotlib: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de outubro de 2005 ás 22:30


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Marcel Gotlib, ou simplemente Gotlib, seudónimo do historietista francés Marcel Gotlieb, nado en París en 1934.

Gotlib é fillo de emigrantes xudeus húngaros. Pasou parte da súa infancia nun orfanato e comezou a debuxar na adolescencia. Estudiou debuxo publicitario na escola de Artes e Oficios da capital francesa, e en 1959 publicou os seus primeiros traballos como ilustrador. Traballou nas revistas Record e Pilote, e foi cofundador de L'Écho des Savanes (con Nikita Mandryka e Claire Bretécher) e da importante Fluide Glacial. En 1991 recibeu o gran premio do Festival do Cómic de Angulema. É un dos historietistas europeos de maior renome. O seu personaxe máis coñecido é Gai-Luron, e tamén son célebres as suas historietas curtas, agrupadas na serie Rubrique-à-Brac.

Gotlib fai un cómic provocador, de carácter humorístico, cun dibujo detallista que descompón e amplifica os movementos dos protagonistas (o que deu en chamarse "debuxo excesivo").

Enlaces externos

Páxina oficial de Marcel Gotlib (en francés)