Abrir o menú principal

Cambios

desfeita a edición por copyvio
Fundáronse no ano [[1990]] como extensión ao ensino medio do proxecto dos [[CAF]], coincidindo coas eleccións ao [[Consello Escolar Galego]].
 
==EstructuraOrganización dos CAE==
 
Os CAE organízanse mediante asembleas, xa sexan de:
 
* Centro: organismos de base onde se discute a problemática estudantil xeral e calquera problema que lle afecte á vida estudantil do centro, formadas por todos os membros dos CAE dun mesmo centro de ensino.
* Locais: é o grao de coordinación entre os comités dunha mesma localidade, ao que poderán asistir todas/os as/os militantes.
* Comarcais: órgano de actividade organizativa entre as localidades que as vertebran, así como establecer pautas de traballo para toda a comarca. Compostas por todos os militantes da comarca á que se pertenza.
* Nacionais: máximo grao de decisión na cal participan todos os militantes da organización.
 
 
En cada unha destas asembleas é onde se toman as decisións que determinarán o eido e xeito de actividade e participación en cada ámbito e sector, e onde calquera que o desexe poderá participar.
Todas elas están moderadas por cadanseu responsable, electo democraticamente polos militantes.
 
O símbolo dos Comités Abertos de Estudantes é o mapa de Galiza coas siglas CAE dentro, e como nacionalistas que somos adoptamos a bandeira de Galiza coa estrela de cinco puntas dentro, como símbolo de liberación nacional. O seu himno é o Himno Galego e a Internacional, himno do proletariado mundial.
 
==Obxectivos dos CAE==
 
O deseño e posta en práctica dunha política estudantil nacionalista, de cara a vertebrar un movemento estudantil galego comprometido coa galeguización e defensa do ensino público da Galiza e a transformación da nosa sociedade.
 
Defender a transformación das condicións de ensino dos estudantes galegos, sempre no eido nacionalista e ligados a catro ideas fundamentais que nos conforman, definen e distinguen como organización:
 
* O Nacionalismo: defenden a súa ideoloxía nacionalista porque Galiza é unha nación sen soberanía política, economicamente dependente e culturalmente asoballada. Porén, a soberanía nacional e o dereito á autodeterminación son irrenunciables para acadar unha Galiza libre e socialista.
* Reivindicación: como organización estudantil de medias, consideran fundamental o traballo reivindicativo de base e a mobilización xeral do estudantado galego para acadar un ensino propiamente galego.
* Democracia e Pluralidade: como organización aberta que é, calquera estudante pode formar parte dela, aínda que non coincida plenamente coas opinións do resto de militantes, xa sexan políticas ou ideolóxicas, mais sempre debe de asumir o seu ideario nacionalista.
 
* Internacionalismo: os CAE solidarízanse coa loita de todas/os as/os estudantes por un ensino público, democrático, popular e de calidade, estando comprometidos coa liberdade dos pobos.
 
Os Comités Abertos de Estudantes organízanse en Comités de Centro, sendo estes os seus organismos de base. Hai tamén unha Asemblea Comarcal. O seu maior órgano de decisión é a Asemblea Nacional, onde se elixe os seus órganos directivos, o Consello Nacional e a propia Executiva Nacional.
 
==Véxase tamén==