Disimilación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: de:Dissimilation (Phonologie)
Sobreira (conversa | contribucións)
m trazo fonolóxico; exemplos galegos e ... tamén en vogais!!
Liña 1:
En [[fonoloxía]], e como parte da [[lingüística histórica]], a '''disimilación''' é un fenómeno por mor do cal sons [[consoante|consonánticos]] ou [[vogal|vocálicos]] dunha [[palabra]] dan en facerse menos similares nalgún [[trazo]]. Ás veces argúese que a disimilación produce formas máis fáciles de recoñecer polo oínte (mentres que a [[asimilación]] produciría formas máis fáciles de pronunciar para o falante), coa consecuencia de que tales resultados son de feito cáusaa dos cambios. Pero todas estas especulacións non se sustentan en datos obxectivos. É máis, a disimilación, incluso en maior grao cá asimilación, adoita aparecer por unha articulación inadecuada.
 
De calquera modo, ambos procesos poden comportar un cambio na pronunciación dun segmento adxacente ó afectado ou separados por outros; e poden inducir un cambio relacionado cunha parte precedente ou posterior no vocábulo. Así como a asimilación, a disimilación '''anterior''' é moito máis común cá '''posterior'''; pero xusto ó contrario có outro fenómeno, a maioría das disimilacións afectan a partes '''non''' contiguas á inicial. Amais, mentres que moitos tipos de asimilación teñen fonte nunha [[lei fonética]], relativamente poucos procesos disimilatorios relaciónanse directamente con elas. A maioría teñen natureza de feito accidental ocorrido sobre unha forma léxica.
 
==Exemplos==
De disimilación anterior a distancia (decon lonxemoito a máis común)
*Latín *'''medio-die-s''' ("mediodía") convértese en '''meri-die-s'''. O latín ''vén-num'' "veleno" > ''veleno''. Esta categoría inclúe un estraño exemplo de lei sonora sistemática, a disimilación da aspirada en grego e sánscrito coñecida como [[Lei de Grassmann]]: *''thi-the--mi'' "poño" (con reduplicación) > grego ''ti-the--mi'', *''phakhu''- "groso" > grego ''pakhu''-, *''sekho-'' "teño" > *''hekho-'' > grego ''ekho-'' (cf. futuro *''hekh-s-ou-'' > ''hekso-''). Algúns casos aparentemente son problemáticos, como o inglés "eksetera" por ''etcetera'', que pode ser máis unha contaminación das numerosas formas en ''eks''- (ou unha combinación de influencias), se ben a forma incorrecta e común ''ect''. imdica disimilación.
*''Abogonthi'' > [[Begonte]] (incluíndo ademais unha [[aférese]]), [[topónimo]] de [[Lugo]].
 
Disimilación anterior dunha zona contigua (moi rara)
Liña 11 ⟶ 12:
 
Disimilación posterior a distancia (bastante común)
*Latín ''ra-rus'' "raro" > italiano ''rado''. O inglés ''Cardamom'', a especia, normalmente ''cardamon''. En inglés medio, nunha ampla lista de palabras rematadas en -''n'' pero precedidas de consoante apical o ''-n'' cambiou a -''m'': ''seldom, whilom, random, venom''. O inglés ''marble'' é en última instancia herdeiro do latín ''marmor''. O ruso февраль {{IPA|/fevr?ó^(j)/}} "febreiro" deriva do latín ''Februa-rius''.
 
Disimilación posterior dun segmento contiguo (algo rara)
*Inglés ''chimney'' (oficial) > ''chim(b)lei''.
*Protoeslávico *"sveboda" "liberdade" > eslovaco "sloboda".
*Latín ''vagabundu'' > na lingua coloquial ''vagamundo'', disimilando o [[trazo fonolóxico]] de [[bilabial]] respecto á primeira consoante e de [[oclusiva]] e [[sonoridade|sonora]] respecto ás outras consoantes (ademais de [[asimilación]] coa seguinte [[nasal]] e de [[analoxía]] semántica).
 
==Referencias==