Eubea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m Illa de Samos
Xas (conversa | contribucións)
ligazóns
Liña 1:
[[Imaxe:GreeceEuboea.png|frame|right|O mapa mostra a situación da prefectura en Grecia]]
 
'''Eubea''' (en [[idioma grego|grego]] Εύβοια, antiga Negroponte). Illa no [[Mar Exeo]] ao leste de [[Grecia]] que forma unha [[prefectura]]. Ten unha superficie de 3900 km², e unha poboación de 210.000 habitantes. OA seusúa capital é [[Calcis (cidade)|Calcis]].
 
Foi coñecida tamén co nome de [[Negroponte]]. Juntamente coa illa de [[Esciro]] forma o nomos de Eubea
 
== Xeografía ==
[[Image:Euboea NE.jpg|thumb|320px|right|Imaxe satelital que mostra a Eubea central e sudoriental (na parte superior), e ao [[Ática]] e [[Beocia]] na parte baixa. Orientación: norte-este.]]
Está separada do continente polo golfo de Eubea, que se atopa dividido no golfo do norte (Vórios Evvoïkós Kólpos) e o do sur (Nótios Evvoïkós Kólpos ou Canle de Atalante) polo estreito de Euripos, próximo á capital. Ao norte está separada de [[Tesalia]] polo estreito de Dhíavlos Oreon (anos atrás Trikeri) que medía uns 6 km. Crese que se separou da Grecia continental tras un terremoto.
Liña 21:
Os cultivos son mediterráneos, con viñas, oliveiras, cereais, hortalizas, e tamén o tabaco, e predomina a gandería ovina e caprina. Hai xacementos de lignito, bauxita e magnesita. As fábricas son poucas e concentradas na contorna de Calcis, destacando as de papei e de cemento.
 
== O nome e os seus poboadores ==
 
Os seus nomes antigos foron Macris, Helopia (propiamente un distrito de pártea norte o nome do cal estendeuse á illa enteira) derivado de Helops fillo de Ion; Oche, derivado da montaña deste nome; e '''Abantis''', derivado dos míticos abantes primeiros poboadores coñecidos da illa en [[civilización micénica|época micénica]], o príncipe dos cales gobernou sobre sete principados e era feudatario de [[Micenas]]. Tomou o nome de Eubea da cría de touros que facían os propietarios rurais da illa, e do mítico touro Ío, que criou a Epafos na illa. Os abantes suponse que viñeron de [[Tracia]], da cidade de Abes (''Abae''), pero outros autores indican a súa orixe nun heroe [[epónimo]]; ao sur vivían os [[dríopes]], que fundaron Stira (''Styra'') e [[Caristo]]. A illa quedou á marxe das invasións dóricas e estaba habitada polos [[Jonia|jonios]], coa posibilidade dunha [[colonización grega|colonización]] de [[Historia de Atenas|Atenas]].
 
== Historia ==
En época histórica estaba dividida en seis ou sete cidades independentes de poboación jónica. Os pequenos campesiños empobrecidos cando os grandes propietarios dedicáronse ao comercio e abandonaron a gandería, houberon de emigrar e destacouse Erètria, que exerceu o dominio sobre [[Andros]] e [[Ceos]] entre outras; e Calcis que dominaba as riquezas mineiras de Tracia ([[Calcídica]]). En total fundáronse trinta e dúas colonias cara ao [[século -VIII|século VIII adC]], das que destacaron [[Corfú|Corcira]] (fundada por Eretria e que despois será refundada por [[Corinto]]) e [[Cumas]] (fundada por Calcis).
 
En época histórica estaba dividida en seis ou sete cidades independentes de poboación jónica. Os pequenos campesiños empobrecidos cando os grandes propietarios dedicáronse ao comercio e abandonaron a gandería, houberon de emigrar e destacouse Erètria, que exerceu o dominio sobre [[Andros]] e [[Ceos]] entre outras; e Calcis que dominaba as riquezas mineiras de Tracia ([[Calcídica]]). En total fundáronse trinta e dúas colonias cara ao [[século VIII adC]], das que destacaron [[Corfú|Corcira]] (fundada por Eretria e que despois será refundada por [[Corinto]]) e [[Cumas]] (fundada por Calcis).
 
En [[-735|735 adC]] foi fundada [[Naxos (Sicilia)|Naxos]] en [[Sicilia]] e seguíronlle [[Leontino]], [[Catania]] e [[Mesina|Zancle]]. Cara a esta época na illa menciónanse as cidades de Histiea, despois [[Oreos]], Dion, Aedepsos, Atenea Diades, Orobia, Aeges, Cerintos, Distos, Stira, e Caristo.
 
O progreso parouse polas loitas entre Calcis e Eretria pola chaira de Lelantum ([[guerra lelantina]]), a primeira coa alianza de [[Illa de Samos|Samos]] e Corinto, e a segunda [[Megara (Grecia)|Megara]], [[Egina]] e [[Mileto]]. Calcis gañou a guerra e arruinou o comercio de Eretria, que perdeu Corcira (que pasou a Corinto), e Calcis, esgotada pola loita, tamén perdeu as súas colonias que caeron baixo influencia de Corinto e, sobre todo, de Atenas. Calcis aliouse con [[Beocia]] e a Calcídica contra Atenas, pero esta gañou a guerra e ocupou Calcis, as terras da cal dividiu entre 4.000 cidadáns atenienses ([[-506|506 adC]]).
 
No [[-499|499 adC]] Eretria axudou a Mileto e os jonios rebelados contra [[Persia]] e en represalia foi arrasada polos [ìmperio persa|persas en [[-490|490 adC]] e, aínda que foi reconstruída non demasiado lonxe do seu antigo emprazamento, xa non recuperou o seu antigo poder.
 
Logo das [[guerras médicas]] a illa quedou baixo influencia de Atenas que alí se provía de gran, madeira e leña; en [[-445|445 adC]] as cidades da illa rebeláronse, pero foron reconquistadas por [[Pericles]]; en [[-411|411 adC]], logo da derrota da [[expedición a Sicilia]] dos atenenienses, volvéronse a rebelar e co termo da [[guerra do Peloponeso]] permaneceron independentes e impuxeron tiranías próximas aos [[esparta]]nos; cara ao [[-371|371 adC]] [[Tebas (Grecia)|Tebas]] intentou impor o seu dominio e non o conseguiu; foron independentes ata o [[-357|357 adC]] en que a illa volveu á zona de influencia de Atenas, pero mantendo aos tiranos no poder, ata que en [[-338|338 adC]], logo de [[Queronea]], asumiron o poder os favorables a [[Macedonia histórica|Macedonia]] dirixidos por Calias, tirano de Calcis. Desde entón a illa foi practicamente unha provincia de Macedonia e así seguiu ata o [[-194|194 adC]] cando os [[Antiga república romana|romanos]] impuxeron o seu dominio ao rei [[Filipo V de Macedonia]].
 
A illa permaneceu fiel a Roma durante a guerra contra a [[Liga Etolia]], pero Calcis foi ocupada polo [[imperio Seléucida|seléucida]] [[Antíoco III Megas]] ([[-192|192 adC]]).
 
Baixo dominio romano foi incluída na provincia de [[Acaya]]. Estivo baixo dominio romano e [[imperio bizantino|bizantino]] ata o [[1205]].
Liña 53 ⟶ 51:
Foi conquistada polos [[imperio otomán|otománs]] en [[1470]]. En [[1821]] rebelouse e ao final da [[guerra de independencia de Grecia]] foi recoñecida parte da Grecia independente.
 
== Economía ==
A súa economía baséase principalmente na extracción de minerais, fundamentalmente ferro, magnesita e lignito. Na illa se crían vacas, cabras, ovellas e porcos, e prodúcense figos, olivas e trigo.
 
[[Categoría:Illas e arquipélagos]]