José Sánchez Bregua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''José Sánchez Bregua''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1818]] e morto en [[Madrid]] en [[1878]], foi un militar e político [[Galicia|galego]].
 
Era de familia humilde e entrou no exército coma soldado raso, en 1835, loitando contra os carlistas na primeira guerra civil. Dende 1844 ata 1850 estivo coma alférez en [[Filipinas]], e en 1852 ascendeu a capitán. Durante a guerra de África desempeñou o negociado de campaña no Ministerio da Guerra, e, a partires de entón, grazas as súas dotes como militar e organizador, a súa carreira foi rápida e brilante. En 1868 ascendeu a xeneral de división. Foi Subsecretario da Guerra con [[Joan Prim i Prats|Prim]], e á morte deste, Capitán Xeneral de [[Galicia]]. En este último cargo reprimiu persoalmente a insurrección federal do Arseal de [[Ferrol]], polo que foi ascendido a tenente xeneral. Foi Ministro de Guerra no Gabinete de Castelar. Era ministro, polo tanto, ao producirse o [[Golpe de Estado]] do xeneral [[Pavía]]. Despois da [[Restauración]] desempeñou diversos cargos, e en 1881 foi nomeado senador vitalicio.
 
==Fontes==