Dr. Alimantado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Dr Alimantado, nado coma Winston Thompson, tamén é coñecido coma The Ital Surgeon (Kingston, 1952-) trátase dun cantante, DJ e productor de reggae xamaicano. Comezou a gravar mús...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de abril de 2008 ás 12:51

Dr Alimantado, nado coma Winston Thompson, tamén é coñecido coma The Ital Surgeon (Kingston, 1952-) trátase dun cantante, DJ e productor de reggae xamaicano. Comezou a gravar música dende moi cativo baixo varios nomes (Prince Winston, Winston Cool or Youth Winston). As súas primeiras gravacións estiveron amparadas polo mítico Lee "Scratch" Perry and Bunny Lee ( "Place Called Africa Version 3" e "Maccabee Version"). No 1976 voltou a colaborar con Lee Perry gravando as bases de Devon Irons 12" "Ketch Vampire". Entre 1971 e 1977 os seus singles non se comercializaron fora de Xamaica, sendo o recurso ao mercado de importación a única maneira de escoitalos. O seu recoñecemento musical veulle dado por temas coma "Oil Crisis" ( versión da canción de Horace Andy "Ain't No Sunshine"), "Sons of Thunder", (sobre a base do tema de Jackie Brown "Wiser Dread"), "Gimme Mi Gun" ripeando a canción de Gregory Isaacs "Thief a Man" e coma non "Poison Flour" na que emprega o ritmo do tema de The Paragons "Man Next Door". Sen dúbida foi co album Best Dressed Chicken in Town (1978), unha recompilación dos seus mellores temas editado por Greensleeves Records. Nas súas cancións o Dr. Alimantado mezcla o seu Rastafarianismo practicante con comentarios sobre eventos que pasaban na súa comunidade; o tema "Poison Flour" fai referencia a un envelenamento masivo de kingstoniáns por comer pan feito con fariña contaminada.. Alimentado fíxose moi popular entre os punkis dos 70, xa que o seu “gurú” Johnny Rotten alabouno nunha entrevista. Tamén The Clash mencionou a Dr. Alimantado na canción Rudie Can't Fail no verso que di "Like the doctor who was born for a purpose". Máis recentemente o rapeiro Mr. Rango homenaxeouno sinalando nunha das súas rimas que “ha llegado el pollo mejor vestido del barrio” Debido ao éxito de "Best Dressed Chicken" e a seguinte compilación "Sons of Thunder" firmou con Virgin Records coma cantante. Aínda que demostrou un notable talento musical, os seus discos coma cantante nunca capturaron ao público coma aqueles nos que producía e remezclaba grandes temas ao estilo dos grandes DJ dos sound system (Count Machuki, Bunny Lee, U-Roy, Lee Perry, King Tubby…) Desde 1983 so traballa coma productor, sendo o seu derradeiro traballo "Stop Your Fighting" para o selo de Mad Professor Ariwa label, unha remezcla sobre o ritmo do tema "Fever" de Horace Andy.