Mikoyan-Gurevich MiG-21: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
| fabricante = Mikoyan-Gurevich
| deseñador =
| primeiro vóo = 14 Xuño [[1956]]
| introducido = [[1959]]
| retirado =
| estado =
Liña 18:
 
O '''Mikoyan-Gurevich MiG-21''' (designación OTAN: '''Fishbed''') é un avión de combate, tipo caza multipropósito, construído na [[Unión Soviética]]. Fixéronse 25 modificacións principais en serie e 30 experimentales. Producíronse un total de 12.000 aparatos na [[URSS]], [[Checoslovaquia]], [[India]] e [[China]], que foron exportados a 40 países. Isto convírteo no caza das segunda e terceira xeneracións máis numeroso do mundo, e o avión militar máis extendido no mundo dende o final da [[Segunda Guerra Mundial]], coa excepción do transporte [[Lockheed]] [[C-130 Hercules]]. Ten 17 récords mundiais rexistrados pola FAI.
 
==Historia==
O MiG-21 é fillo da [[Guerra de Corea]], onde os soviéticos viron a necesidade dun interceptador lixeiro monopraza de defensa de obxectivo con boa maniobrabilidade supersónica. As versións de produción iniciais ('Fishbed-A' e 'Fishbed-B') foron producidas en cantidades limitadas, actuando só como cazas diurnos de corto alcance cun armamento lixeiro, consistente en dous cañóns NR-30 de 30 mm. A seguinte versión (MiG-21F 'Fishbed-C') levaba dous mísiles aire-aire K-13 (designación OTAN: AA-2 'Atoll') guiado por infravermellos, un turborreactor máis potente e mellor aviónica. Entrou en servizo en [[1960]]. Nos primeiros anos 70 o MiG-21 foi practicamente rediseñado, reaparecendo como o MiG-21B ('Fishbed-L'), versión multipropósito para superioridade aérea e ataque terrestre. O 'Fishbed-N' presentou novas técnicas de construcción, maior capacidade de combustible e aviónica modernizada. Fabricouse tamén unha versión bipraza de entrenamento, o MiG-21U (designación OTAN: 'Mongol'). Houbo tamén numerosas versións experimentais, destacando o 'Fishbed-G', unha versión de despegue vertical.
 
En Vietnam, o MiG-21 foi un duro rival para os norteamericanos, debido á maior axilidade e velocidade respecto aos avións estadounidenses. Sen embargo, a introducción de novas tácticas para os [[F-4 Phantom]] posibilitou aos norteamericanos derribar aos MiG antes de que as súas armas tivesen alcance. Durante [[1966]] os norteamericanos derribaron 23 MiG-21, perdendo nove dos seus aparatos.
 
==Especificacións (MiG-21MF 'Fishbed-J')==
*'''Tipo''': [[Caza (avión)|Caza]] monopraza.
*'''Tripulación''': Un [[piloto]].
[[Imaxe:MiG-21 FISHBED (MIKOYAN-GUREVICH).png|right|300px]]
*'''Envergadura''': 7,15 m.
*'''Lonxitude''': 15,76 m.
*'''Altura''': 4,10 m.
*'''Área alar''': m2.
*'''Peso baleiro''': 7.000 kg.
*'''Peso cargado''': 10.400 kg.
*'''Planta motriz''': 1 motor turborreactor Tumanskii R-25 con 7.507 kg de empuxe.
*'''Velocidade máxima''': 2.229 km/h.
*'''Autonomía''': 1.160 km.
*'''Teito de servizo''': 17.500 m.
*'''Armamento''': 1 cañón de doble ánima GSh-23 de 23 mm baixo o fuselaxe e catro pilóns subalares con capacidade para 1.500 kg de pertreitos, incluíndo mísiles aire-aire, cohetes, bombas e depósitos de combustible.