Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Da igrexa medieval non se conserva máis que un pequeno anaco dunha dovela, empotrado na parede interior do altar maior da que hoxe corre popularmente como "igrexa vella", a cal data do ano 1771 e se edificou baixo o padroado de D. Xosé María Bermúdez de Mandiá e Pardiñas Villardefrancos, señor xurisdiccional polo entón. A actual igrexa parroquial data do ano 1964.
 
Na mesma parroquia de Santa Icía de Trasancos e lindando coa freguesía anexa de [[Leixa, Ferrol|San Pedro de Leixa]] atópase o espléndido [[Pazo do Monte]], que se rematou de construir no ano 1780 e foi casa solarenga da liñaxe dos Bermúdez de Mandiá, antigos señores da xurisdición, na actualidade en propiedade dos seus sucesores os Moreno-Bermúdez.
 
Sobre o río de Santa Icía -tamén chamado [[Río Freixeiro]]- se atopa a ponte chamada popularmente "romana", pero que foi obra do ano 1814. Nas cercanías está o chamado Muiño dos Amenadás -xa no concello de Narón-, cuxa primeira construción data do ano 1813.