Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
…'''Santa Cecilia de Trasancos''' é unha parroquia que se localiza no leste do concello de [[Ferrol]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 608 habitantes (319 mulleres e 289 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 771 habitantes.
 
O primeiro documento coñecido -na actualidade- onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano 1087 e pertence á colección diplomática do próximo [[Mosteiro do Couto|mosteiro de San Martiño de Xuvia]]. Durante a Idade Media e a Idade Moderna, Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcedianádego de Trasancos.
 
O couto -medieval- de Santa Icía de Trasancos estaba en máns do correspondente arcedián, por canto era anexo a esta dignidade do cabido mindoniense. No ano 1586 o rei Felipe II, despois de desamortizar este couto e incorporalo aos bens da Coroa, vendeuno ao ferrolán Xoán Yáñez de Leiro e Doza, coengo doutoural da [[Catedral de Santiago de Compostela]]. O Dr. [[Yáñez de Leiro]] outorgou testamento no ano 1599, polo cal fundou vínculo e morgado sobre este couto -xunto cos de Xuvia e Caranza- así como sobre outros bens capitais en favor do seu sobriño o capitán Pedro Yáñez de Mandiá. O couto de Santa Icía de Trasancos permaneceu durante a Idade Moderna en posesión dos descendentes do capitán Pedro Yáñez de Mandiá -logo co apelido Bermúdez de Mandiá- até a abolición do sistema xurisdiccional co fin do [[Antigo Rexime]] no século XIX.