Diferenzas entre revisións de «Adolf Otto Reinhold Windaus»

m
+Modelo:Nobel de Química
m (Cambiando Image -> Imaxe)
m (+Modelo:Nobel de Química)
{{Personalidades en progreso}}
 
[[Imaxe:Windaus.jpg|thumb|right|Adolf Windaus]]'''
 
'''Adolf Otto Reinhold Windaus''' ([[25 de decembro]] de [[1876]] – [[9 de xuño]] de [[1959]]) foi un químico [[Alemaña|alemán]], descubridor da [[vitamina D]] e a [[histamina]]. Gañou o [[Premio Nobel de Química]] en [[1928]].
 
Estudou no Liceo Francés (Französisches Gymnasium) de [[Berlín]], no que se interesou principalmente pola literatura. Iniciou estudos de Medicina en [[1895]]. Impresionáronno tanto as conferencias do premio Nobel de química [[Emil Fisher]] que comezou a estudar química en [[Freibourg]] ao tempo que continúa coa Medicina. Doutorouse en [[1900]] cunha tese dedicada ao veneno que se extrae da [[digitalis]].
 
Voltou a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a [[Otto Diels]] 8futuro premio Nobel en [[1950]]), con quen mantivo unha longa amizada. En [[1901]] retornou a Freibourg e comezou a traballar sobre o [[colesterol]] e os [[esterol|esterois]]. A partir doe [[1906]] impartiu docencia na universidade de [[Innsbruck]] e logo en [[GÓttingen]] entre [[1915]] e [[1944]]. En [[1919]] logrou transformar o colesterol en [[ácido colánico]] (que fora illado dos [[ácido biliar|ácidos biliares]] por [[Heinrich Otto Wieland]]). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descobriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta [[vitaminA]] actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do [[imizadol]], o que o levou a demostrar que a [[histidina]] (un [[aminoácido]]) é un derivado do imidazol, e a descobrir a [[histamina]].
{{Personalidades en progreso}}
 
{{Nobel de Química}}
 
[[Categoría:PersonalidadesQuímico daalemán|Windaus, químicaAdolf Otto]] [[Categoría:Premio Nobel de Química|Windaus, Adolf Otto]]
 
[[ar:أدولف فينداوس]]
5.943

edicións