Misantropía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Feito das wikipedias en inglés, catalán, portugués e castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2008 ás 18:50

A misantropía é o odio á especie humana en tanto tal pero non implica necesariamente unha actitude isolacionista ou antisocial. Hai unha distinción importante entre o pesimismo filosófico e a misantropía, así Immanuel Kant afirmou que “da natureza tortuosa da humanidade, calquera cousa recta se pode obter”.

Pensadores misántropos

  • Arthur Schopenhauer escribiu que "a existencia humana debe ser unha especie de erro" pero tamén que a mellor actitude cara aos outros era o trato ético ao ser todos sufridores e parte da mesma vontade de vivir.
  • Pentti Linkola está considerado o misántropo vivo máis influínte. Describe os humanos como un cancro para a natureza, defende o xenocidio como forma de control da poboación e o social darwinismo para promover campañas de eutanasia para eliminar a vida que non merece ser vivida, a desindustrialización da sociedade, a eliminación das grandes cidade e a volta da humanidade ao nicho ecolóxico e como forma de goberno unha ditadura dunha pequena elite educada.