Sindicato de Oficios Varios de Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
Á altura do [[1933]] estaba dirixido por [[José Monzo|José Monzo Ríos]] (Presidente), Serafín García (Vicepresidente), José Neira Torrado (Secretario), Adolfo Caamaño (Vicesecretario), Manuel Regueira (Tesoureiro), Manuel Prado (Vicetesoureiro), José Barbeiro (Bibliotecario), Julio Caamaño, Francisco Guitián e Laureano Riveiro (Vocais).
====Actuación sindical e cultural====
Desenvolveu unha intensa laboura durante todo o período republicano, levando a cabo importantes folgas e diversas accións, encamiñadas á dignificación da clase obreira e ao seu enriquecemento cultural. Desde finais do 1931, e coma se anuncia na totalidade dos números de [[Solidaridad Obrera]] dese período, manterase un boicot ao café La Terraza, que non permitía a sindicación dos seus empregados. O conflicto semellará amañado en xullo do [[1932]], coa sinatura dun compromiso; mais, por diversas razóns, reavivarase no ano seguinte, estendéndose o boicot ao Salón Moderno. No [[1933]] e [[1934]] estalarán dúas bombas na Terraza e unha no Moderno, que só causarán desperfectos materiais, pero surtirán un gran impacto. Tamén mantería un importante conflicto coa compañái de tranvías polos mesmos motivos. Asemade, colaborará coa [[Sindicato de Profesiones Varias de Meirás]] desde o 1933 para permitir, na parroquia de [[Meirás, Sada|Meirás]], a ocupación forzosa dunhas fincas por parte dos seus colonos, aos que se lles incrementara drasticamente o aluguer.
 
No campo ideolóxico, os membros do sindicato prantexaban unha loita aberta contra os valores morais impostos pola Igrexa, así coma contra toda forma de poder político e de opresión, e propuñan a emanciapación da muller. Tamén actuaba o sindicato como centro cultural e educativo, e contra o [[1933]] contaba cun Centro de Educación Libertaria. Asemade, organizaríanse frecuentes mitins e conferencias e artellaríase unha biblioteca.