Diferenzas entre revisións de «Agustín Díaz Blanco»

O cuarto fillo dunha familia labrega, orientouse nun primeiro tempo cara unha carreira eclesiástica. O seu padriño e párroco de [[Silva]], [[Pol]] sufragou os seus estudos no Seminario. Estudou primeiro en [[Lugo]] e despois en [[Comillas]] [[Teoloxía]] e [[Filosofía]]. Renunciou a ordenarse sacerdote e proseguiu estudos de [[Socioloxía]] en [[Lovaina]], [[Bélxica]] onde se licenciou.
 
De volta en Galiza en [[1971]] iniciou a súa carreira como xornalista en [[La Voz de Galicia]] e despois en [[El Ideal Gallego]], en cuxa delegación de [[Santiago de Compostela]] traballaría como redactor até [[1981]]. Simultaneou a súa actividade profesional cos estudos de Xornalismo en [[Madrid]] e, de Filoloxía Románica en [[Santiago de Compostela]], e co seu cargo como concelleiro en [[Santiago de Compostela]] -tras ser elexidoelixido polas listas de [[Unidade Galega]] nas primeiras eleccións democráticas de [[1979]]-.
 
En [[1982]] aprobou oposicións e foi nomeado profesor de francés no Instituto de Bacharelato de [[Monforte de Lemos]], onde en realidade deu clases de galego. En [[1983]] aprobou a Cátedra de Galego e exerceu a docencia dous anos máis, esta vez no Instituto de Bacharelato de [[Ordes]]. En [[1985]] foi nomeado Inspector de Ensino Medio, pero aos poucos meses a súa paixón polo xornalismo levouno a concursar para un posto de redactor para a Delegación Territorial de Galicia de [[TVE]], traballo que exerceu até a súa pre-xubilaciónprexubilación en [[2007]].
 
Colaborou na revista galega de pensamento cristián [[Encrucillada]] ataaté a súa morte.
 
[[Categoría:Personalidades do xornalismo|Diaz Blanco]]
29

edicións