Vogal temática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
arranxo ligazón
Lmbuga (conversa | contribucións)
desdobro artigo para darlle cabida en Categoría:Gramática da lingua galega coa denominación A vogal temática e a conxugación
Liña 10:
Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por [[Antón Santamarina]] aplícase o método proposto por Mattoso Câmara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega<ref>Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): ''Gramática Galega'', Vigo. Galaxia, 1995</ref>.
 
==A vogal temática e conxugación==
A [[lingua galega]], tal cal outras [[Lingua románica|linguas románicas]], reduciu os catro grupos en que se dividía a conxugación [[Latín|latina]] a tres, ó confundírense os verbos en -ĒRE (2ª conxugación latina) e -ĚRE (3ª conxugación latina) ó desaparecer a [[cantidade]].
 
Os verbos da terceira conxugación latina (-ĚRE) pasaron a formar parte da segunda (-er) ou da terceira (-ir) romance recompoñéndose o sistema verbal en tres conxugacións:
:*Verbos co infinitivo rematado en -AR ou primeira conxugación
:*Verbos co infinitivo rematado en -ER ou segunda conxugación
:*Verbos con infinitivo rematado en -IR ou terceira conxugación.
 
[[Mattoso Câmara]], ó analizar a flexión verbal do [[Lingua portuguesa|portugués]] afirma que esta clasificación tripartita ''é uma aproximaçáo da realidade. Na verdade, em face de uma 1ª classe, ou conjugaçáo I (CI) há outra classe que em certas formas se divide numa conjugaçáo II (CII) e numa conjugaçáo III (CIII)''<ref>Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105</ref>. Para este lingüísta, o feito de que se escolla o infinitivo é unha convención da descrición, debido a que é "a forma verbal mais indefinida quanto ás noçoes gramaticais'<ref>Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105</ref>.
 
Ó describi-lo verbo galego [[Antón Santamarina]] (1974)<ref>Santamarina, Antón (1974): ''El verbo gallego''. Anexo 4 de Verba. Santiago</ref> salienta que a clasificación en conxugacións se basea na tan frecuente coincidencia dos verbos na desinencia de infinitivo (-ar, -er, -ir), pero o que realmente indica a conxugación á que pertence unha forma verbal ou todo o paradigma é a vogal temática, tónica no infinitivo: /a/ na primeira conxugación /e/ na segunda e /i/ na terceira; velaí o motivo polo que se toma a desinencia do infinitivo como indicador de clase mórfica, xa que, en posición átona, a vogal temática está suxeita a determinadas [[neutralización]]s, que levan en certos casos á confluencia da segunda e da terceira conxugacións nun só grupo mórfico, por exemplo, ''coll'''e'''r > coll'''e'''s ante part'''i'''r > part'''e'''s''. Así a todo, o [[verbo]] galego achega un gran conservadorismo nos seus constituíntes morfolóxicos ó non se rexistraren moitas das neutralizacións temáticas presentes noutras linguas próximas.
 
Considerando a totalidade dos verbos, regulares e irregulares, pode falarse da existencia de catro [[conxugación]]s nas formas nominais e no tema de presente: (1ª - cantar, 2ª - deber, 3ª - vivir, e 4ª - ir, pór), con vogal temática /a, e, i, Ø/ respectivamente, fronte a cinco no tema de perfecto (1ª, cant-a-ra, 2ª deb-[e]-ra, 3ª viv-i-ra, 4ª fo--ra, 5ª coub-[ę]-ra), coas vogais temáticas /a, e, i, Ø, ę/, respectivamente.
 
Considerando a vogal temática do [[tema de presente]] ante a vogal temática das formas do [[tema de perfecto]], tendo en conta os [[verbo irregular|verbos irregulares]] na [[Normativa oficial do galego - Verbo#Paradigmas dos verbos irregulares|''Normativa oficial do galego'']], podemos distinguir as seguintes clases mórficas:
 
[[Imaxe:Clases mórficas do verbo galego.png|center|thumb|666px|Clases mórficas do idioma galego]]
 
==A vogal temática nos verbos regulares==
Hai tres conxugacións regulares atendendo á vogal temática: ''andar'', ''coller'' e ''adquirir'' pois en posición tónica hai tres vogais temáticas: /a/ para a primeira conxugación, /e/ para a segunda, /i/ para a terceira. Non acontece o mesmo en posición átona, ou en certos contextos, xa que teñen lugar [[neutralización]]s ou outras variacións de fipo fonolóxico. Débese tamén considerar que a tripla oposición entre /a/-/e/-/i/ desaparece na primeira, segunda e terceira persoas do singular do perfecto e mais en todo o imperfecto de indicativo.
 
[[Image:Verbo regular gl morfemas.jpg|center|thumb|555px|Estrutura dos verbos regulares]]
 
<big>'''Observacións ó gráfico'''</big>
#En verbos como ''ler'' e ''rir'' a vogal temática é absorbida pola vogal do radical nestas formas: ''le-s, le, ri-s, ri.''
#Naquelas formas en que queda en posición átona postónica, a vogal temática da segunda e terceira conxugación neutralízase en /E/, fronte á vocal /a/ da primeira conxugación: Presente de indicativo (''fal-a-s, fal-a, fal-a-n'' / ''com-e-s, com-e, com-e-n; part-e-s, part-e, part-e-n'') e imperativo: ''fal-a / com-e, part-e.''
#A terceira persoa do [[pretérito de indicativo]] é /O/ ante a [[semivogal]] posterior /w/ (fal-o-u), aínda que para esta persoa na [[lingua estándar]] e en parte do territorio lingüístico galego se constata unha tripla oposición: ''fal-o-u / com-e-u / part-i-u'', considérese a presenza de dúas variantes dialectais na lingua galega: ''and-o-u / coll-e-u, part-e-u,'' ou ''and-o-u / coll-i-u, part-i-u''.
#Todo o [[copretérito de indicativo]], a primeira e segunda persoa do singular do pretérito de indicativo e o [[participio]] establecen a oposición entre /a/ para a primeira conxugación e /i/ para asegunda e terceira: and-a-do / coll-i-do, part-i-do; and-a-ba / coll-í-a, part-í-a; and-a-ches / coll-i-ches, part-i-ches; and-e-i / coll-í-n, part-í-n.
#Nalgunhas falas do [[Salnés]] e da [[ría da Arousa]], as tres conxugacións conflúen nunha mesma VT para a P1: ''and-í-n, coll-í-n, part-í-n''.
#Pódese achar dialectalmente unha tripla diferenciación na segunda persoa do singular do pretérito de indicativo (''and-a-ches / coll-e-ches / part-i-ches'').
#Hai [[Participio|participios atemáticos]], como ence-Ø-so, vol-Ø-to, mor-Ø-to, aber-Ø-to, enxoi-Ø-to, mu-Ø-do, na-Ø-do.
 
==A vogal temática nos verbos irregulares==
 
Os verbos irregulares diferencian con claridade o tema de presente do tema de perfecto. No tema de presente a maior parte deles aseméllanse, aínda que con certas peculiaridades, ós verbos regulares da segunda conxugación, mentres que ''estar'' e ''dar'' seguen case sempre o modelo dos verbos da primeira conxugación e ''dicir'' e ''vir'' o da terceira conxugación. Así a todo, no tema de perfecto todos teñen unha vogal temática común /E/, agás ''ver'', que se comporta, neste tema, igual cós verbos da terceira conxugación, a pesar de que no tema de presente segue os verbos da segunda conxugación do tipo de ''ler''
.
==Referencias==
<references/>
==Véxase tamén==
*[[A vogal temática e a conxugación|A vogal temática e a conxugación na lingua galega]]
*[[Constituíntes verbais]]
*[[Verbo regular]] e [[verbo irregular]]