Agustín Díaz Blanco: Diferenzas entre revisións

xornalista e profesor galego
Contido eliminado Contido engadido
primeira redacción
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2008 ás 17:46

Agustín Díaz Blanco (Silva, Pol, 23 de Setembro de 1945 - 21 de Marzo de 2008) foi xornalista, profesor de secundaria, e Inspector de Galego para Ensino Medio.

Biografía

O cuarto fillo dunha familia labrega, orientouse nun primeiro tempo cara unha carreira eclesiástica. O seu padriño e párroco de Silva, Pol sufragou os seus estudos no Seminario. Estudou primeiro en Lugo e despois en Comillas Teoloxía e Filosofía. Renunciou a ordenarse sacerdote e proseguiu estudos de Socioloxía en Lovaina, Estado onde se licenciou.

De volta en Galiza en 1971 iniciou a súa carreira como xornalista en La Voz de Galicia e despois en El Ideal Gallego, en cuxa delegación de Santiago de Compostela traballaría como redactor até 1981. Simultaneou a súa actividade profesional cos estudos de Xornalismo en Madrid e de Filoloxía Románica en Santiago de Compostela, e co seu cargo como concelleiro en Santiago de Compostela tras ser elexido polas listas de Unidade Galega nas primeiras eleccións democráticas de 1979.

En 1982 aprobou oposicións e foi nomeado profesor de Francés no Instituto de Bacharelato de Monforte de Lemos, onde en realidade deu aulas de Galego. En 1983 aprobou a Cátedra de Galego e exerceu a docencia dous anos máis, esta vez no Instituto de Bacharelato de Ordes. En 1985 foi nomeado Inspector de Ensino Medio pero aos poucos meses a súa paixón polo xornalismo levouno a concursar para un posto de redactor para a Delegación Territorial de Galicia de TVE, traballo que exerceu até a súa pre-xubilación en 2007.

Obra

Colaborou na revista galega de pensamento cristián Encrucillada ata a súa morte.


Véxase tamén

Bibliografía