Sociedade Xeral de Autores e Editores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m adicar->dedicar
cambio SXAE por SGAE
Liña 4:
 
==Orixes==
A finais do [[século XIX]], en [[España]], o negocio musical estaba formado por tres grupos: Os teatros e salas nos que se interpretaban as obras, oas autores das mesmas e os intermediarios entre ambos. Os intermediarios abusaban frecuentemente da súa posición dominante mediante contratos de exclusividade coas salas e ataban aos autores con adelantos a conta de obras futuras. Fronte a esta situación, os escritores [[Sinesio Delgado]], [[Carlos Arniches]], os irmáns [[Álvarez Quintero]], o libretista [[Federico Romero Saráchaga]] e o compositor [[Ruperto Chapí]], entre outros, crearon o [[16 de xuño]] de [[1899]] a [[Sociedade de Autores]]. Anos máis tarde, en [[1941]], converterase na [[Sociedade Xeral de Autores de España]] que pasa a xestionar en exclusiva todos os [[dereitos de autor]] sobre artes escénicas. En [[1995]] refundase a SXAESGAE como a actual '''Sociedade Xeral de Autores e Editores'''. Deste xeito dáse acollida, dentro da sociedade, aos editores.
 
==Funcións==
* Emitir licenzas do repertorio SXAESGAE para a súa gravación en discos, soporte videográfico ou [[multimedia]] ([[CD-ROM]]), redes dixitais tipo [[Internet]] ou [[telefonía móbil]] e a súa posterior comercialización.
* Controlar estes mercados para que a explotación do repertorio SXAESGAE esté licenzada e abontados os [[dereitos de autor]].
* Xestionar as solicitudes de autorización para a sincronización das obras musicais preexistentes en producións audiovisuais.
* Xestiona a denominada "''[[remuneración equitativa]]''" por aluger de vídeos, vixiando o cumplimento dos acordos suscritos coas distribuidoras de soportes de gravación audiovisuais.
* Informa da ilicitude da actividade de aluger de soportes discográficos, preparando a documentación correspondente para as demandas por vía xudicial.
* [[Antipiratería]] e persecución do delito: investigación das actividades consideradas ilegais relacionadas cos intereses autorais, en especial da utilización do repertorio SXAESGAE sen autorización.
 
==Loita antipiratería==
A SXAESGAE encabeza a loita contra a denominada ''[[piratería musical]]'' en [[España]], especialmente contra o chamado ''[[top manta]]''; tamén contra as redes [[Peer-to-peer|P2P]]. Organiza campañas para concienciar á sociedade, e reclama unha baixada dos impostos que gravan os discos, do 16% ao 4% de [[IVE]].
 
Unha parte dos consumidores considera que, con independencia de que a SXAESGAE intente asociar o ''[[top manta]]'' co intercambio de ficheiros en [[internet]], os posíbeis problemas que poida orixinar este último fenómeno de masas non derivan do carácter criminal do usuario medio de [[internet]], senon da falta de adaptación das empresas e da [[lexislación]] de [[propiedade intelectual]] fronte ao novo paradigma tecnolóxico, onde o [[coste marxinal]] da distribución de información tende a cero.
 
==Polémicas==
A función máis polémica da SXAESGAE é o cobro dun canon pola copia "para uso privado do copista" dunha obra musical ou audiovisual xa divulgada, cuxa recaudación repartese entre os asociados. Este canon foi fortemente contestado por quen pensan que atenta contra a presunción de inocencia dando lugar a distintas campañas, sobre todo en [[internet]].
 
Algúns consideran que, como a SXAESGAE xestiona todos os dereitos de autor e os reparte segundo os seus propios criterios, isto redunda en perxuízo dos autores non pertencentes á SXAESGAE. Nalgúns casos a SXAESGAE reclamou unha parte dos ingresos en concepto de "dereitos de autor", en casos en que os espectáculos non os vulneran e os dereitos non eran propiedade dos afiliados á SXAESGAE.
 
En [[xuño de 2004]], en colaboración con [[Vale Music]], a SXAESGAE puxo á venda un disco composto por 14 cancións de grupos noveis chamado ''No a la Piratería''. Creouse unha gran polémica ao redor deste disco debido a que na súa contraportada había unha mensaxe en contra da piratería e o ''top manta'', o cal posuía un claro carácter [[xenofobia|xenófobo]]. Debido a presións e denuncias de varias [[ONG]] (como [[SOS Racismo]]) e [[Asociación de consumidores|asociacións de consumidores]] (como FACUA, a [[Federación de Consumidores en Acción]]), a SXAESGAE intentou retirar o disco do mercado e desvencellarse do mesmo, mentras que [[Vale Music]] recoñeceu que os contidos que aparecían na contraportada eran "pouco adecuados".
 
Mostra da impopularidade da SXAESGAE é que foi obxeto de dúas ''[[Google bomb]]'', coa palabra "''Ladrones''" e coa expresión "''Siempre Ganamos Algunos Euros''". [[Teddy Bautista]] acusou de "[[fascismo]]" a [[Google]] por este feito.
 
A SXAESGAE demandou a varios sitios webs en defensa da súa honra o que provocou certas campañas internautas en contra da súa entidade. A [[Asociación de Internautas]] foi condeada a pagar unha indemnización de 36000 [[euro]]s por aloxar o sitio web ''putasgae''. O responsábel da [[Frikipedia]] foi tamén denunciado en [[2006]] por insultos nunha definición satírica que o sitio (a Frikipedia) tiña sobre a SXAESGAE. Segundo [[Pedro Farré]], un dos responsábeis da SXAESGAE, esta iniciativa non foi un feito aislado senon que se denunciaría a toda web que albergue contido difamatorio contra a organización, fora incluido ou non polo responsábel da páxina ou portal en cuestión.
 
En [[xaneiro de 2006]], a organización decidiu devolver os 518 [[euro]]s que fixo pagar, tras unha denuncia, á compaía de teatro ''Taller Cultural'' de [[Fuentepelayo]] ([[Segovia]]), unha organización sen ánimo de lucro que está formada na súa maior parte por nenos discapacitados. Aínda que dende a SXAESGAE asegurouse que o proceso foi froito dun "erro", algúns cren que a marcha atrás foi debida á campaña de denuncia que se levantou nos meses previos en diversos [[weblog|blogs]] e portais de [[internet]]. A SXAESGAE declarou nalgunha ocasión que non está capacitada para renunciar a percibir os correspondentes [[dereitos de autor]], por exemplo, nun concerto solidario, xa que implicaría unha deixación das súas funcións.
 
O [[8 de febreiro]] do mesmo ano, a [[Unión Europea]] expedientou á SXAESGAE por vulnerar ás leis [[monopolio|anti-monopolio]] na venda de licenzas para descargar música en [[internet]].
 
== Véxase tamén ==