A Monteira (periódico): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis correccións
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Liña 1:
'''''A Monteira''''' foi un semanario cultural [[Galicia|galego]] en [[Lingua galega|galego]] editado en Lugo entre [[1889]] e [[1890]] e estivo dirixido por [[Amador Montenegro Saavedra]] ([[1864]]-[[1932]]). O seu obxectivo rexionalista quedaba evidenciado no subtítulo que acompañaba á cabeceira: "''Somanario de intreses rexionales e literatura''".
 
Publicáronse en total só 65 números, entre o [[5 de outubro]] de [[1889]] e o [[27 de decembro]] de [[1890]]. En [[1989]], a[[ Consellería de Educación e Ordenación Universitaria]] publicou un facsímile coa colección completa (ISBN 84-453-0068-7).
 
Daquelas primeiras publicacións periódicas que nacennaceron en diversos puntos de [[Galicia]] a finais do [[século XIX|XIX]], ''A Monteira'' era das poucas que se editaron desde o principio integramente en galego (incluíndo a publicidade). Cómpre destacar que xa desde o primeiro número apoia e promove o uso doda galegolingua galega en tódolos ámbitos, defensodefensa na que insistirá en moitas ocasións máis.
 
{{cita|A vencer esa repunancia ô noso idioma, popularizando o en canto poida e d'a sua parte esteña, ven A MONTEIRA â pubricidá.<ref>''A Monteira'', 1, 2.</ref>}}
Liña 17:
Á parte disto, tampouco se poden esquecer outras iniciativas nesta mesma dirección, como a repetida reclamación da necesidade da creación dunha norma lingüística da que carecía daquela quen quixera escribir en galego. Outro detalle foi o de poñer á venda entre os seus subscritores o ''Diccionario gallego-castellano'' de [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro Piñol ]] (1876) a metade de prezo.
 
No número 35, publicado o [[31 de maio]] de [[1890]] aparece o texto do poema que se convertería no [[himno galego]], ''[[Os Pinos]]'' de [[Eduardo Pondal]]. A poesía fora escrita para un certame que convocara en tal ocasión o ''Orfeón Coruñés''.
 
Outra liña editorial d'''A Monteira'' foi a recompilación e divulgación de diversos aspectos da cultura tradicional galega, o que converte este semanario nunha fonte de información etnográfica case pioneira. Neste aspecto destacarémo-las coleccións de contos, cantigas e refráns que se publicaron ó longo da súa breve vida, recompilados polo propio Amador Montenegro, [[Saco y Arce]], [[Marcial Valladares]] e outros.
 
A relación de colaboradores n'''A Monteira'' é ben longa para a supervivencia que tivo. Sen esquece-lo amplo traballo como redactores de Amador Montenegro e [[Manuel Pardo Becerra]] (cofundador do periódico), citarémo-los seguintes entre os máis coñecidos: [[Manuel Amor Meilán]], [[Alfredo Brañas]], [[Xoán Cuveiro Piñol]], [[Antonio de la Iglesia]], [[Xosé Pérez Ballesteros]], [[Eladio Rodríguez González]], [[Xesús Rodríguez López]] ou [[Marcial Valladares]]. Engadamos que moitas outras colaboracións ían asinadas simplemente pola inicial ou iniciais dos autores, o que impide recoñece-lo autoridentificalos.
 
Como xa se dixo, ''A Monteira'' deixou de publicarse en [[1890]]. No último número despídese dos lectores cunha editorial titulada ''Paréntesis'', que deixa entreve-la intención de continuidade. De feito, rexurdiu en [[1891]] cunha nova cabeceira, ''O Labrego'', editado tamén en Lugo, pero sen éxito pois desapareceu en [[1893]].
{{cita|A enfermedá que padecen seres que non son moi quiridos, á pouca salú que disfrutamos algús de nosoutros mesmos y-as ocupaciós crecentes d'outros, causas son de que non poidamos atender, como se debe, â pubricación d'o noso somanario e de qu'a suspendamos indefinidamente y-hastra qu'as forzas nos dían novos alentos pra siguir n-unha empresa que consideramos grande: a defensa de Galicia y-a propaganda d'unhos ideás que creemos salvadores. <ref>''A Monteira'', 65, 97.</ref>}}
 
==Notas==
<References/>
 
A numeración das páxinas era correlativa ó longo do ano, non para cada número publicado. Así, os 52 primeiros números (ano I) numeraron as páxinas desde a 1ª ata a 416. A partir do nº 53 (ano II) reiniciouse a numeración, para rematar na páxina 104 do nº 65, último publicado.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* ''A Monteira''. Edición facsimilar. Xunta de Galicia, Pontevedra 1989.
* ALONSO MONTERO, Xesús: "A Monteira" en ''Gran Enciclopedia Galega'', 2003, 30, 137.
 
===Outros artigos===
* [[Amador Montenegro Saavedra]]
 
===Ligazóns externas===
*
 
[[Categoría:Prensa|Monteira, A]]