Jean Genet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Jean Genet''' foi un poeta, novelista e dramaturgo nado o 19 de decembro de 1910 en París, cidade na que morreu setenta e seis anos de...
 
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Jean Genet''' foi un [[poesía|poeta]], [[novela|novelista]] e [[teatro|dramaturgo]] nado o [[19 de decembro]] de [[1910 ]] en [[París]], cidade na que morreu setenta e seis anos despois, o [[15 de abril]] de [[1986]].
 
==Biografía==
Genet, fillo ilexítimo dunha prostituta, Camille Gabrielle Genet, que o abandonou cun ano de idade á Asistencia Pública (unha organización que supervisa o coidado dos fillos non desexados), e dun obreiro, François Genet, viviu dende os oito anos cun carpinteiro de [[Morvan]] e coa súa familia, os cales foron vítimas dos seus primeiros roubos. A infancia do escritor está marcada por numerosos roubos e intentos de fuga, chegando a ser acusado de furto con dez anos de idade. A súa adolescencia non foi menos escabrosa, marcada por numerosas estancias en varias prisións xuvenís, como a de [[Mettray]], [[Fresnes]] ou [[Santé]], chegando incluso a prostituírse. Aos dezanove anos uniuse á Lexión Estranxeira Francesa, pero pronto a abandona (xa que foi declarado culpable de realizar actos impúdicos cun compañeiro) para dedicarse a deambular por diversos lugares de [[Europa]]. Nesta etapa da súa vida foi acusado de [[homosexualidade]], contrabando e roubo. A partir de [[1930]] a súa vida oscilará entre cárcere e cárcere; nove anos despois Jean Genet comeza a escribir.
 
En [[1937]] regresa a París, onde tamén pasará longas temporadas no cárcere, acusado novamente de roubo, mendicidade, condutas obscenas e falsificación de documentos. Tras dez condenas consecutivas, o escritor foi condenado a cadea perpetua; porén, mercé a figuras da vida artística e intelectual francesa, coma [[Jean-Paul Sartre]], [[André Guide]] ou [[Jean Couteau]] (os cales quedaran marabillados pola obra de Genet), o escritor francés consegue o indulto; a partir de entón Genet non volveu ser encarcerado.