A Monteira (periódico): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
engado información
Lameiro (conversa | contribucións)
completo e saco marca de "Xornalismo en progreso"
Liña 1:
{{Xornalismo en progreso}}
 
'''''A Monteira''''' foi un semanario [[Galicia|galego]] en [[Lingua galega|galego]] editado en Lugo entre [[1889]] e [[1890]] e estivo dirixido por [[Amador Montenegro Saavedra]] ([[1964]]-[[1932]]). O seu obxectivo rexionalista quedaba evidenciado no subtítulo que acompañaba á cabeceira: "Somanario de intreses rexionales e literatura".
 
Liña 7 ⟶ 5:
Daquelas primeiras publicacións periódicas que nacen en diversos puntos de [[Galicia]] a finais do [[século XIX|XIX]], ''A Monteira'' era das poucas que se editaron desde o principio integramente en galego. Cómpre destacar que xa desde o primeiro número apoia e promove o uso do galego en tódolos ámbitos, defenso na que insistirá en moitas ocasións máis.
 
{{cita|A vencer esa repunancia ô noso idioma, popularizando o en canto poida e d'a sua parte esteña, ven A MONTEIRA â pubricidá.<ref>''A Monteira'', 1, px. 2.</ref>}}
{{cita|Espresémonos en gallego onde queira que teñamos gallegos con quén conversar.<ref<''A Monteira'', 52, 410.</ref>}}
{{cita|Comprendemos tamén que muitas presonas pensan que c'o gallego non se poden expoñer asuntos séreos... seguiremos traballando n-o pouco que poidamos tendo en conta as nosas débeles forzas, porque crémos qu'a fala gallega sirve pra todol-os asuntos. <ref>''A Monteira'', 53, px. 13.</ref>}}
 
Esta constante defensa do galego faise desde diferentes puntos de vista:
Liña 16 ⟶ 15:
* Académico: ''O ilustre prebendado [López Ferreiro], que non tén a menos esquirbir n-a nosa doce lingoa''.
 
Á parte disto, tampouco se poden esquecer outras iniciativas nesta mesma dirección, como a repetida reclamación da necesidade da creación dunha norma lingüística da que carecía daquela quen quixera escribir en galego. Outro detalle foi o de poñer á venda entre os seus subscritores o ''Diccionario gallego-castellano'' de [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro Piñol ]] (1876) a metade de prezo.
No número 35, de maio de 1890 aparece o texto do poema que se convetería no [[himno galego]], ''Os Pinos'' de [[Eduardo Pondal]].
 
No número 35, publicado o [[31 de maio]] de [[1890]] aparece o texto do poema que se conveteríaconvertería no [[himno galego]], ''Os Pinos'' de [[Eduardo Pondal]].
 
Outra liña editorial d'[[A Monteira]] foi a recompilación e divulgación de diversos aspectos da cultura tradicional galega, o que converte este semanario nunha fonte de información etnográfica case pioneira. Neste aspecto destacarémo-las coleccións de contos, cantigas e refráns que se publicaron ó longo da súa breve vida, recompilados polo propio Amador Montenegro, [[Saco y Arce]], [[Marcial Valladares]] e outros.
 
A relación de colaboradores n'A Monteira é ben longa para a supervivencia que tivo. Entre os máis coñecidos citarémo-los seguintes: [[Alfredo Brañas]], [[Xoán Cuveiro Piñol]], [[Antonio de la Iglesia]], [[Xosé Pérez Ballesteros]], [[Eladio Rodríguez González]], [[Xesús Rodríguez López]] ou [[Marcial Valladares]]. Engadamos que moitas outras colaboracións ían asinadas simplemente pola inicial, o que impide recoñece-lo autor.
 
==Notas==