Cipriano Mera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m corrixo ligazóns de homónimos
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Cipriano Mera Sanz''' ([[Madrid]], 4 de novembro de 1897 - [[Saint Cloud]] ([[Francia]]), 24 de outubro de 1975). Foi dirixente [[anarcosindicalismo|anarcosindicalista]] español.
 
Albanel de profesión, comezou a traballar con once anos. Militou na [[CNT]], sendo secretario do sindicato da construcciónconstrución en Madrid en 1931. En decembro de 1933 uniuse a [[Durruti]] para establecer o Comité Revolucionario de [[Zaragoza]]. Como consecuencia, foi arrestado e levado a prisión en [[Burgos]].
 
No verán de 1936 a folga da construcciónconstrución paralizara a máis de cen mil homes. A primeiros de xullo é encarcerado xunto a outros dirixentes do Comité de Folga da construcciónconstrución. O paro proseguía o 18 de xullo, ó estalar a [[Guerra Civil]]. O 19 Mera é liberado e organiza unha columna anarquista, tomando [[Cuenca]], ata entón sublevada e en mans da [[Garda Civil]]. Máis tarde a columna de Mera transfórmase na XIV División do [[Exército Popular Republicano]], da que é nomeado comandante. Esta división interviu fundamentalmente na [[Batalla de Madrid|defensa de Madrid]] en novembro de 1936 e nas batallas de [[Guadalaxara, España|Guadalaxara]] (marzo de 1937) e [[Teruel]].
 
Apoia o golpe de Estado do coronel [[Segismundo Casado|Casado]] (marzo de 1939), sendo decisivo no seu triunfo. Aínda que o goberno de [[Juan Negrín|Negrín]] abandona España o 6 de marzo, a situación do recén formado Consello Nacional de Defensa é crítica durante os días 7, 8 e 9 ante a rebelión de parte dos tres corpos do exército (dominados polo [[PCE]]) que defenden Madrid. Mera vén desde Guadalaxara á fronte da XIV División para salvar ó Consello despois dunha serie de encarnizados combates.
 
Unha vez caído Madrid, trasládase a [[Valencia - València|Valencia]], exiliándose en [[Orán (Arxelia)|Orán]], onde foi internado nun campo de concentración. Unha vez liberado, marcha ó [[Marrocos]] francés, gañándose a vida como peón da construcciónconstrución. Trala caída de [[Francia]] en mans dos nazis, as autoridades franquistas solicitan a entrega dos refuxiados españois en territorio francés. En febreiro de 1942 é entregado polo goberno de Vichy ás autoridades franquistas. Condenado a morte, a pena foille conmutada por trinta anos de prisión. Tras un indulto en 1946, exiliouse en [[Francia]], onde traballou de albanel ata a súa morte nun hospital de Saint Cloud en 1975.
 
Estase facendo un documental sobre a súa vida, ''Vivir de Pie'', que ten previsto estrenarse en outubro de 2007 en Guadalajara, conmemorando o 70 aniversario da Batalla de Guadalajara.