Irish Republican Army: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 20:
| '''Líderes'''
|
|}
 
O '''Exército Republicano Irlandés''' (do inglés ''Irish Republican Army'', abreviado como '''IRA'''), é unha organización paramilitar republicana nacionalista irlandesa que xurdiu do grupo armado ''[[Óglaigh na hÉireann]]'' (do [[gaélico irlandés]]: ''Voluntarios Irlandeses''). O seu brazo político é o ''[[Sinn Féin]]''. Esta denominación xurdiu na batalla de Lime Ridge ([[2 de xuño]] do [[1866]]) e foi adoptada polos membros da revolta da [[Levantamento de Pascua|Pascua]], a cal foi a súa primeira aparición militar, e durante toda a [[Guerra da Independencia Irlandesa]] ([[1919]]-[[1921]]) loitou contra o exército británico ata o recoñecemento do Estado libre de [[Irlanda]]. Tras a guerra da independencia moitos dos seus membros integráronse no novo exército nacional. O nome de IRA seguiuse utilizando durante a [[Guerra Civil Irlandesa]] ([[1922]]-[[1923]]) referíndose aos partidarios republicanos contrarios ao tratado que permitía a separación de [[Irlanda do Norte]]. Tras a [[Guerra Civil Irlandesa|guerra civil]] fixo atentados de pouca entidade e non foi ata 1969 cando reapareceu en Irlanda do Norte.
 
== Divisións ==
 
Liña 33 ⟶ 31:
* '''O [[IRA Provisional]] (PIRA)''', que se separou da IRA oficial en febreiro de 1969 porque prefería seguir unicamente a liña militar. É o IRA maioritario e o máis coñecido, posto que cando se fala da IRA refírese a este grupo. Desde a súa fundación realizou ataques de gran impacto a través de diferentes medios. O [[28 de novembro]] do [[2005]] anunciou o armisticio.
 
* '''O [[IRA da Continuidade]] (CIRA)''', escindiuse do PIRA no ano [[1986]] cando nunha asemblea do PIRA decidiuse que ocuparían os escanos que o [[Sinn Féin]] tiña no parlamento irlandés. Os membros que non querían que se ocupasen os escanos formaron a IRA da Continuidade. Crese que o número de membros do CIRA está entre os 50 e os 100 membros e o ''[[Oireachtas]]'' afirma que teñen menos de 150.
 
* '''O [[IRA Auténtico]] (RIRA)''', escindiuse do PIRA no ano 1997, antes de asinar o [[Acordo de Belfast]], debido a que algúns membros opúñanse ao alto no fogo definitivo da organización e á consecuente aceptación do acordo. Só formarse a banda, o RIRA empezou a facer ataques parecidos os que facía o PIRA antes do alto o fogo. Aínda así moitos dos seus membros foron detidos debido a que a banda tiña moitos infiltrados da policía. Coas detencións o RIRA estourou, pois o [[15 de agosto]] de [[1998]], perpetraron un [[atentado de Omagh|coche bomba en Omagh]], no que morreron 29 persoas. Este atentado produciu moito medo na sociedade inglesa como na irlandesa nun momento en que se estaba pactando o [[Acordo de Belfast]]. Tras este atentado proclamou un alto no fogo, que rompería dous anos máis tarde. Actualmente o RIRA aínda está activo. É asociado ao [[Movemento pola Soberanía dos 32 Condados]]. O IRA de Continuidade e o Auténtico están incluídas na [[Lista de Organizacións Terroristas Estranxeiras do Departamento de Estado dos EE.UU.]].
 
== Das orixes ao proceso de paz ==
Liña 48 ⟶ 45:
O IRA provisional foi o que continuou a [[Terrorismo|loita armada]]. Ao pouco da súa fundación ([[1971]]), fundouse a UDA ([[Asociación de Defensa de Ulster]]), un grupo paramilitar unionista protestante que loitaba en contra do IRA. Apoiábaos o DUP ([[Partido Unionista Democrático]]), liderado actualmente polo reverendo [[Ian Paisley]]. houbo varios enfrontamentos armados entre estes que acabaron con vítimas dos dous grupos e tamén civís. Isto produciu un clima de gran inseguridade en [[Irlanda do Norte]]. En [[1981]] 10 presos republicanos morreron facendo unha folga de fame en que reclamaban que, posto que non cometeran ningún delito de sangue, os recoñecesen como presos políticos.
 
== O proceso de paz ==