Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:A Taberna (xeral)»

::Para que quede claro: Eses monitores non cobran dependendo do que fagan na Galipedia. teñen unha relación polo que dixeron nesa reunión laboral coa consellaría polo que eles só axudarían ás persoas que se animaran a participar na actividade, pero a súa remuneración penso que quedou ben claro que non depende do que fagan nesa semana. De feito, sigo a insistir, se eles atopan impedimentos a actividade non se vai realizar, e ti estabas presente, e eles falaron das alternativas que valoraran antes da Galipedia. O triste é antepoñer non sei o que a unha moi boa iniciativa. Só contéstame unha cousa, se pensas que Xosé debe dimitir, porqué non Xabier Cid que foi o 1º co que iniciaron o tema, ou non sería mellor pensar que Xabier Cid non podía falar dalgo que non estaba pechado e Xosé tivo que agardar a que Xabier contara o comezo do asunto (o seu papel) para poder explicar a derivación do mesmo. Non falo de ti, falo de que a galipedia estase a converter nun espazo onde se está a perder unha moi boa oportunidade para convertela nun espectáculo lamentable. A min persoalmente dáme moita pena. [[User:Alma|Alma]]<sup>[[User talk:Alma| (fálame eiquí) ]]</sup> 18:52, 21 marzo 2008 (UTC)
 
Esta afirmación é unha ousadía incrible: ''Eses monitores non cobran dependendo do que fagan na Galipedia''. ¿Tes interese no asunto ou formas -perdón polo relativo sarcasmo- parte de Cidadanía? Nada diso se dixo na reunión, nada do que dis e que pretendes que me negue. Se queres plantexo o tema dun xeito hipotético (para así deixármonos de descalificacións e referencias á reunión dunha vez por todas): ¿ Que facemos con monitores que poden ter o seu cometido laboral na Galipedia e estar a cobro dunha empresa ou da Xunta? ¿Deixámolos estar? ¿Estamos dispostos a ser gobernados polo desembarco de 100 monitores? ¿Creamos políticas ó respecto?--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 18:57, 21 marzo 2008 (UTC)
40.228

edicións