Andújar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
 
== Historia ==
Os restos máis antigos pertencen ao [[Paleolítico]] [[acheulense]]. En época prerromana localizábase aquí a cidade ibérica de [[Isturgis]], aínda que é un erro repetido identificar Andújar con a antiga [[Illiturgis]], que corresponde a actual [[Mengíbar]] (o erro consérvase no xentilicio iliturgitano que se adxudica aínda aos andujareños). Foi o ''Municipium Isturgi Trumphale'' dos romanos. A denominación ''Sturgis'' perduraba aínda en época visigoda.
 
A partir de [[711]], a comarca pasou a formar parte do [[Al Ándalus]]. En [[853]] reaparece o topónimo sob a forma ''Anduyar'', precedente do vixente hoxe. Os almohades, no século XII, fortificaron a cidade. Foi reconquistada por [[Fernando III de Castela]] de forma pacífica en [[1225]]. Henrique IV de Castela concedeulle o título de cidade en [[1467]]. Foi ocupada en 1808 polos franceses. En [[1823]], en ocasión da invasión dos [[Cen Mil Fillos de San Luís]], o [[duque de Angulema]] emitíu desde aquí unha orde con obxectivo de que cesasen os movimentos liberais. En [[1873]] declarouse cantón federal.