Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:A Taberna (xeral)»

 
Xosé, apenas temos información deste asunto por ti mesmo (a pouca que nós deches houbo que sofrir para obtela), tiveron que ser outras persoas quen foran achegando datos. Se non chega a ir Lmbuga á reunión non teríamos a información que ti te negaches a darnos. En canto á afirmación refirida a Lmbuga ''"ás veces sospeito que a túa posición se debe a que non te escolleron a ti"'' descalifícase por si mesma porque se hai unha persoa altruísta neste proxecto é precisamente el. Sobre que negues que actuaches como administrador está escrito por ti mesmo desde o principio, sexa porque te traicionou o insconsciente sexa polo que sexa non podes negalo. Tocante a non decatarse da incompatibilidade entre ser administrador (aínda no caso de non ser requirido como tal, non é o caso remítome a todo o falado) é cando menos preocupante. Realmente non sei porque te empeñas en poñer o teu interese persoal por riba do wiki, sabendo que o teu comportamento está sendo lexitimamente cuestionado sería ben sinxelo adoptar as precaucións necesarias para separar a túa actuación privada daquela que se realiza na Wikipedia en galego. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 12:23, 21 marzo 2008 (UTC)
 
:Prevert, por máis que repitas que eu actuei como administrador non o vas converter en verdade, pois nunca dixen nada do tipo ''en representación dos administradores/dos usuarios/da Galipedia'' ou parecido e, como dixen antes, a frase débese entender non ''para ser administrador'' para eles senón ''porque, como administrador'', lles daba garantías de coñecemento, ademais do feito de que son docente "na vida real". A información está no parágrafo no que anunciei esta actividade; non está toda, toda, porque era un borrador e nesa reunión se ia concretar a proposta. Non é que teñas a información porque eu me negase a dala senón porque nesa reunión acordamos precisamente que fose Lmbuga quen fixese o resumo (e eu dixen que estaría ausente até o mércores, non me agochei). Lamento a afirmación que fixen antes sobre el e retíroa, foi fruto da irritación que me provoca o que me estades facendo pasar persoalmente: que teñamos unha oportunidade de difusión e creación como esta e que se estea estragando, que aínda non haxa nada preparado aquí e que os colaboradores estean tan cansos deste tipo de disputas tan, tan... galegas :-) e que Lmbuga se transformase totalmente despois da reunión: o que pensaba naquel momento agora di o contrario. Se até ia crear el o wikiproxecto de acollida! Sei distinguir perfectamente ben as miñas actividades "privadas" das que realizo como usuario da wikipedia e nada máis altruísta me move que aceptar esta petición - cres que eu gaño moito con charlas de 50-90 min (ainda non se sabe!) e desprazándome a catro lugares que aínda non sei cales son e tendo que pedir permiso por 4 días de traballo?!! Medio entendo que isto che puidese preocupar ao principio, e que fixeses preguntas, pero a estas alturas, con todas as explicacións que se teñen dado, xa non é razoábel. --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 13:04, 21 marzo 2008 (UTC)
 
==Paz e diñeiro==
17.175

edicións