Diferenzas entre revisións de «Sancho Ramírez de Aragón»

sen resumo de edición
En [[1078]] tallou os campos de [[Zaragoza]], construíu a fortaleza de Castellar, máis tarde fixo tributario ao rei musulmán daquela cidade. En [[1083]] apoderouse do castelo de [[Graus (Huesca)|Graus]], de [[Piedratallada]] e de [[Ayerbe (Huesca)|Ayerbe]] que mandou repoboar. A conquista do chairo íase asegurando coa construción de castelos que servían de lanzadeira e logo como protección da terra conquistada. Construíu Sancho Ramírez os castelos de [[Castelo de Loarre|Loarre]], Obanos, [[Castelo de Montearagón|Montearagón]], [[Castelo de Artasona|Artasona]], Castiliscar...etc.
 
No ano [[1086]], tido gañado [[Monzón, (Huesca)España|Monzón]], deu esta praza con título de rei ao seu fillo Don Pedro, que xa o era de [[Sobrarbe]] e [[Condado de Ribagorza|Ribagorza]].
 
Para establecer relacións cordiais con Castela, axudou a Afonso VI na batalla de [[Batalla de Zalaca|Sagrajas]] ([[1086]]) e na defensa de [[Toledo]] ([[1090]]) e, finalmente, concertou un tratado de axuda mutua co [[Rodrigo Díaz de Vivar|O Cid Campeador]] ([[1092]]).