Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Xosé (conversa | contribucións)
Liña 597:
 
Poderase pensar que os datos que estou aportando son secundarios. Entendo que non son secundarios os datos en negriña, pero tampouco os outros, pois, como administrador da Galipedia e como representante da mesma alí onde vaia (non deixo de selo en ningún momento, non sería ético deixar de selo para primar o meu propio interese), xórdeme unha moi seria preocupación: '''Imos ter de 20 a 100 monitores da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e ligados á empresa cidadanía, que aparecerán por un proxecto piloto pero de fondo calado se é exitoso, que suporán un importante desembarco de usuarios non independentes (antes ou despois cobrarán dun lado ou do outro) dirixidos por un administrador que di non representar á Galipedia e que -ó meu parecer- non a representa. ¿Estamos dispostos a afrontar ese desembarco sen tomar medidas?. ¿Pode ter dereito ó voto un usuario que cobra e pode ter risco laboral dependendo de qué e cómo edite? E nesta liña, ¿pode un administrador cobrar e ser independente? ¿Desexamos ser independentes? ¿Estamos dispostos a arriscar a ser un brazo da Xunta ou de Cidadanía (quizais non sexa así, pero quen sabe)?''' Creo que isto é normal que se lle ocorra a calquera administrador cunha mínima experiencia--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 21:30, 20 marzo 2008 (UTC)
 
Cantas veces o terei dito? NUNCA dixen representar á Galipedia (ao contrario que ti, Lmbuga, que o repites ainda no parágrafo anterior). Cando redactaron ese borrador de proposta, os de Cidadanía pensaban que os administradores eran os xestores da Galipedia (non o lembras? pois dixéronno na mesma reunión na que ti e mais eu e mais outra xente estábamos); o que eles realmente precisaban era falar cos usuarios habituais -e ese é o anuncio desta actividade que eu puxen- e, por outra parte, ter alguén que lles explicase algunhas cousas -e por iso falaron comigo. Son dúas cousas distintas, non as mestures. Eu non vin aquí hai tres anos e fixen todo o traballo que levo feito coa ilusión de algún día tirar un beneficio económico. Pero é que, sobre o de cobrar e editar por iso, deberás saber que non está prohibido por nengunha norma, pilar, decisión, precedente, nada, nada, nada. Non hai nada que o prohiba ou algún sitio no que se diga que está mal. É máis, se queres (ás veces sospeito que a túa posición se debe a que non te escolleron a ti) podes ir a esta páxina na que podes [http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Reward_board#Money cobrar por editar artigos]. Tampouco é verdade que eu vaia "dirixir" aos monitores, como dis, só vou dar charlas sobre a natureza da Galipedia, obxectivos e filosofía, normas e principios, historia, retos e necesidades, etc. e eses monitores son funcionarios da Xunta... igual ca ti! Ti tamén es un administrador cunha mínima experiencia e por iso deberias saber, tanto o que acabo de explicar, como que as edicións que tanto temes caen dentro do que denominamos [[:Modelo:GloriaVa|vangloria]], ou sexa, algo que coñecemos ben; se se lles explican ben eses límites e se estamos preparados para cando veñan eses usuarios novos aforraremos moitos problemas, que é do que se trata, non de provocalos. --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 10:33, 21 marzo 2008 (UTC)