Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 594:
#Tanto no texto como na reunión, houbo unha fonda preocupación por parte de Cidadanía para que especificaramos os contidos ou temas que esta iniciativa podía profundar (só un tema dixeron, partidos políticos). A este respecto indiquei que eran os membros da Comunidade da Galipedia os que debía falar desta cuestión e que os alí presentes non tiñamos capacidade decisoria, iso si, xurdiu un só tema das súas bocas, partidos políticos, e un só tema da miña, pintores.
#Preténdese elaborar materiais e dar charlas ós monitores ou dinamizadores, nun inicio para que estes dirixan a actividade do día 17 (entendo que era ese día). Na reunión aclarouse que se darían unhas 4 charlas a monitores (uns 25 por charla) e que uns 20 ou 25 deles desenvolverían actividades entre os días 10 e 16 de maio por toda Galicia (8 ou 10 lugares), máximo dúas actividades diarias cun número de integrantes pequeno que non sería custoso para o sistema.
#Nos últimos 5 folios desenvólvense as tarefas que se deben realizar para o éxito do proxecto (non me parece preciso resumilo, se ben, creo que debo facer mención a que '''a primeira de todas esas tarefas escritas no proxecto de Cidadanía di literalmente (folio 7) '''''"falarase cos administradores ao comezo do proxecto"'', o que deixa moi ben parado o proxecto, pois intentan facer as cousas ben e moi mal parado a Xosé, quen di que non representaba á Galipedia cando a empresa Cidadanía pretendía poñerse en contacto cos administradores da Galipedia. A isto hai que engadir as palabras que Xosé dixo ó comezo do apartado [[Wikipedia:A Taberna (propostas)#Maratón wikipédica]]: ''Cidadania contactou comigo como administrador da Galipedia'' e contrastalas coas últimas en que renaga estar representando á Galipedia.'''
 
Poderase pensar que os datos que estou aportando son secundarios. Entendo que non son secundarios os datos en negriña, pero tampouco os outros, pois, como administrador da Galipedia e como representante da mesma alí onde vaia (non deixo de selo en ningún momento, non sería ético deixar de selo para primar o meu propio interese), xórdeme unha moi seria preocupación: '''Imos ter de 20 a 100 monitores da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e ligados á empresa cidadanía, que aparecerán por un proxecto piloto pero de fondo calado se é exitoso, que suporán un importante desembarco de usuarios non independentes (antes ou despois cobrarán dun lado ou do outro) dirixidos por un administrador que di non representar á Galipedia e que -ó meu parecer- non a representa. ¿Estamos dispostos a afrontar ese desembarco sen tomar medidas?. ¿Pode ter dereito ó voto un usuario que cobra e pode ter risco laboral dependendo de qué e cómo edite? E nesta liña, ¿pode un administrador cobrar e ser independente? ¿Desexamos ser independentes? ¿Estamos dispostos a arriscar a ser un brazo da Xunta ou de Cidadanía (quizais non sexa así, pero quen sabe)?''' Creo que isto é normal que se lle ocorra a calquera administrador cunha mínima experiencia--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 21:30, 20 marzo 2008 (UTC)