Taragoña, Rianxo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Elimino (elemento) dos elementos químicos
XoseBot (conversa | contribucións)
m rasgo->trazo
Liña 94:
En Taragoña, o oficio de [[canteiro]], de grande importancia e transcendencia en épocas non lonxanas, hoxe en día ten menor importancia e na actualidade dedica-se fundamentalmente á restauración e arranxo de vellas casas de pedra. Taragoña non obstante conserva aínda numerosas mostras de arquitectura popular galega, de fermoso estilo e sobrio trazo. Atópan-se por tóda-las partes e nas distintas aldeas, unhas atopan-se en aceptábel estado de conservación; outras fortemente deterioradas. Son verdadeiras reliquias do pasado, unha valiosa herdanza de xeracións anteriores, un patrimonio digno de ser tratado con aloumiños e que exise unha coidada e resectuosa conservación. Falaremos neste punto de [[igrexa]]s, [[pazo]]s, [[hórreo|graneira]]s ou [[hórreo]]s, [[cruceiro]]s e outras mostras de menor entidade como [[muíño]]s, [[pombal (edificio)|pombais]], [[fonte]]s, [[ponte]]s, [[lavadoiro]]s...
 
Induvidabelmente é que as igrexas e os santuarios representan a máis fiel e valiosa mostra dunha arquitectura xa desaparecida, unha arquitectura que fixo da pedra unha arte, para deseñar xeitos e volumes de equilibrada composición, e integra-los coma parte esencial e inseparábel da propia terra. De seguido pasamos a citar e describir os rasgostrazos máis característicos e definitorios das diferentes igrexas e santuarios taragoñeses.
 
A [[Igrexa de San Salvador de Taragoña]], é unha igrexa parroquial cunha nave con capela maior, sacristía, dúas capelas laterais e unha torre. Ten por dimensións máximas exteriores 15,75 metros de anchura e 28,00 metros de fondura. A [[Capela de San Xoan Bautista de Vista Real]], é unha pequena ermida de propiedade particular, que pertenceu ó pazo dos Caamaño. Ten por dimensións máximas exteriores de 6,35 metros de anchura e 8,75 metros de fondura.