Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
m →‎Direccións externas en Internet:: corrección e ligazón
XoseBot (conversa | contribucións)
m rasgo->trazo
Liña 285:
*Xornadas de Cultura Galega.
Ademais, non debemos de esquecer toda unha serie de festexos tradicionais, celebrados en cada parroquia e dotados dun ambiente festivo e familiar. Na romaría de Arante realizase unha procesión onde se levan sete cruces ou pendons das sete distintas parroquias o [[31 de maio]].
No apartado etnográfico, cabe suliñar, que aún viven nos ribadenses rasgostrazos da historia que lles axuda, en certa medida, a ter unha independencia cara o resto da provincia galega. De feito tamén se narraba que nos primeiros días de [[1809]] e, con ocasión da invasión [[Francia|francesa]], Melchor Díaz da Rocha (alcalde maior de Sante) ofreceu unha feroz resistencia as tropas do xeneral francés François M. Fournier. O [[25 de xaneiro]] de [[1809]] entraron en Ribadeo as tropas francesas, esixindo grande cantidade de alimentos as aldeas dos arredores. Polos abusos, o alcalde de Sante convocou a os veciños das parroquias de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Balboa e Coxela para que se negasen as esixencias do invasor; así foi como o [[29 de xaneiro]], Díaz da Rocha presentouse ante os franceses con 300 veciños pertrechados con trabucos, chuzos e fouces, dispostos a defende-lo camiño entre [[Mondoñedo]] e Ribadeo, infrinxindolles unha dura derrota. Sen embargo, coa chegada dos reforzos de [[Lugo]] e [[Ferrol]], os franceses lograron entrar en Ribadeo definitivamente. A pesares do fracaso da empresa, o feito non deixa de ser significativo, xa que grazas a él foi posible que, seis meses despois, o exército francés baterase na retirada cara [[Astorga]], abandonando definitivamente as terras galegas.
 
==Ademais==