Neno de Taung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
XoseBot (conversa | contribucións)
m rasgo->trazo
Liña 2:
O '''neno de Taung''' é un [[fósil]] do rostro e mandíbula co dentame e parte do [[cranio]] fosilizado dun exemplar de ''[[Australopithecus africanus]]''.
 
Descubriuno M. de Bruyn, un traballador da Northern Lime Company nunha canteira de pedra en [[Taung]], [[Sudáfrica]]. [[Raymond Dart]], un anatomista da [[Universidade de Witwatersrand]] analizouno e publicou a súa descuberta en ''Nature'' en [[1925]], Dart consideraba que aínda que gran parte dos seus rasgostrazos eran os propios dun simio, os restos amosaban tamén algúns rasgostrazos propios dos homínidos, dos que o máis importante era que o ''foramen magnum'' ([[occipital]]) localízábase debaixo do punto medio do cranio, e non cara atrás como nos simios, o que indicaba que era bípede, ademais o dentame presentaba unha estrutura humana, cos dentes caninos relativamente pequenos. A comunidade científica da época criticou durantemente as conclusións de Dart, xa que era moi diferente aos restos fósiles atopados ata entón, e sobre todo ao [[home de Piltdown]] (que só se sabería que era un fraude en 1953); ademais, na época pensábase que a orixe da humanidade estaba en [[Asia]], a pesar de xa Darwin afirmar en [[1871]] que a orixe da humanidade estaba en África. Tan só co descubrimento de máis adultos da especie por [[Robert Broom]] e outros entre 1936 e 1947, as teorías de Dart serían recoñecidas pola comunidade científica internacional.
 
O neno de Taung tería unha idade de tres anos no momento da súa morte, hai 2'5 millóns de anos. O seu cerebro era de 405 cc (440 cc de chegar a adulto) e o seu hábitat era o propio da sabana.