Movemento obreiro en España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Sen resumo de edición
Liña 20:
Aunque, teóricamente, non se apoiaban as folgas parciais nin económicas; obviamente os Sindicatos membros da CNT víronse inmersos nelas. Se o sindicato CNT, nas súas bases non tivera apoiado estas movilizacións nunca tivera sido un sindicato de masas. Foi o instinto de clase dos militantes da base o que se impuxo ás teorizacións da "dirección". Evidentemente, o carácter asambleario e federalista da organización permitiu que cada federación da confederación, a nivel sectorial ou local, tomara as decisiones que lle pareceran pertinentes.
 
As folgas industriais extendíanse polo norte, as folgas campesinas por [[Andalucía]] a finais da [[Años 1910|década de 1910]]. Este foi o ambiente no que foi recibido o triunfo da revolución bolchevique en [[Rusia]]. A clase obreira española, como a mundial, quedou moi impresionada cá victoria da revolución bolchevique soviética. O impacto no PSOE e a UXT é bastante coñecido, levando á creación do primeiro [[Partido Comunista de España|PCE]]; pero non se insiste tanto no feito de que produxo gran simpatía entre os medios confederales, chegándose a afiliar á [[III Internacional]], por un tempo, a CNT.
 
O feito de que a república soviética fora neses tempos unha democracia de traballadores, que funcionaba a través das asambleas obreiras ou "soviets", permitiu que os anarcosindicalistas españoles, con moita razón, viran nela a encarnación dos seus ideales colectivistas.