O Eixo, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''San Cristovo do Eixo''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Santiago de Compostela]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 1.024 habitantes (523 mulleres e 501 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 1.060 habitantes.
 
Nun enclave inigualable, O Eixo atópase rodeada polas parroquias de San Martiño de Aríns, Santa María de Marrozos, Cacheiras e Os Tilos. Por ela discorre o [[río Aríns]], que ó chegar alí cambia o seu nome polo de [[río Santa Lucía]]. É así debido a que o seu leito flúe a carón da capela de Santa Lucía, un referente parroquial que se une cos cruceiros estendidos ó longo da vila á variedade cultural existente.
É unha das parroquias compostelanas que máis sofre o desenvolvemento das infraestructuras xa que se ve rodeada polas autoestradas [[AP-9]], [[AP-53]] e a liña en construcciónconstrución do tren de alta velocidade ([[AVE]]). Deste último cabe sinalar a ponte en construcción que se está a realizar sobre o val que chega a acadar os 95 metros de altura na súa parte máis alta, referente a nivel estatal ó converteerse na segunda ponte máis elevada do país.
 
{{Lp O Eixo}}