Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m rasgo->trazo
Liña 56:
O irlandés de Munster fálase no Gaeltachtaí de Kerry, Muskerry, [[Cabo Clear]] na parte oeste do Condado de Cork e en pequenas áreas perto de [[Dungarvan]], no [[Condado de Waterford]]. A principal subdivisión é a que separa o irlandés de Decies (falado en Waterford) e o resto.
 
Os rasgostrazos característicos do irlandés de Munster son:
# Uso de terminacións persoais en troques de pronomes con verbos. Así, "Eu debo" é en Munster ''caithfead'', encanto que outros dialectos prefiren ''caithfidh mé'' (''mé'' significa "eu"). "Eu era e ti eras" é ''Bhíos agus bhís'' en Munster e ''Bhí mé agus bhí tú'' noutros dialectos.
# Diante das [[nasal|nasais]] e ''ll'', algunhas [[vogal|vogais]] cortas alónganse e outras [[diptongo|diptongan]].
Liña 64:
O dialecto máis forte do irlandés de Connacht é o de [[Connemara]] e as [[Illas de Arán]]. En certos aspectos, este dialecto é bastante diferente do irlandés xeral de Connacht, mais dado que a maioría dos dialectos de Connacht desapareceron durante o século pasado, o irlandés de Connemara se identifica actualmente co irlandés de Connact. Moito máis perto do irlandés tradicional de Connacht é o dialecto, moi ameazado, que se fala na rexión fronteriza entre Galway e Mayo. O irlandés de [[Tourmakeady]], no sul de Mayo e o País de [[Joyce]], considéranse os dialectos vivos máis próximos do irlandés medieval. Tamén, os dialectos do norte de Mayo de [[Erris]] e [[Achill]] son, gramaticalmente e morfoloxicamente, esencialmente dialectos de Connacht, se ben mostran afinidade léxica co irlandés do Ulster, debido á inmigración masiva que seguiu á [[Plantación do Ulster]].
 
O irlandés de Connemara é moi popular entre os estudantes, grazas ao manual de auto-aprendizaxe de [[Mícheál Ó Siadhail]]. Porén, certos rasgostrazos fican fora do padrón oficial, en particular a terminación dos nomes deverbais en -achan, como ''lagachan'' en vez de ''lagú'', "debilitamento". A pronuncia non padrón, con vogais alongadas e terminacións moi reducidas, dálle ao irlandés de Connemara o seu sotaque distintivo.
 
Os rasgostrazos distintivos deste dialecto inclúen a pronuncia de ''bh'' como ''w'', en vez de como ''v'', como noutras partes do país. Por exemplo ''Ní raibh'' pronúnciase "Ni raow" en Connacht e "Ni rev" no resto. Ademais, os falantes de Connacht tenden a colocar o pronome "nós" despois do verbo en vez de co verbo mesmo. Por exemplo, "Bhí muid", "nós somos", en vez de ''Bhíomar''. Resulta unha construción moito máis fácil con calquer verbo para a forma "nós" que é a que se ensina habitualmente nas escolas.
 
O irlandés de Connacht está máis extendido que os demáis dialectos, dado que a maioría dos falantes de irlandés proveñen de alí.
Liña 73:
O dialecto máis importante do [[Ulster]] na actualidade é o de [[Rosses]], moi utilizado na literatura por autores como [[Séamus Ó Grianna]] e [[Seosamh Mac Grianna]]. É esencialmente o mesmo de [[Gweedore]], de onde proveñen a cantante [[Enya]] e o seu antigo grupo [[Clannad]].
 
O irlandés do Ulster soa moi diferente e comparte varios rasgostrazos específicos co [[gaélico escocés]]. Conta tamén con moitas palabras características e matices de significado. Porén, debido ao declinio dos dialectos irlandeses falados na actual [[Irlanda do Norte]], resulta probabelmente unha esaxeración ver o irlandés do Ulster como forma intermedia entre o gaélico escocés e os dialectos do sul e oeste de Irlanda. Con efeito, o gaélico escocés conta con moitos rasgostrazos que non aparecen no Ulster mais si no Munster.
 
Unha característica notábel do irlandés do Ulster é a utilización da partícula negativa ''cha(n)'', en lugar das que se usan no Munster e Connaught, ''ní''. Mesmo no Ulster, ''cha(n)'', tan típica do gaélico escocés, substituíu á máis común ''ní'' só nos dialectos máis orientais (que inclúen os xa extintos na Irlanda do Norte). A práctica parece ser que ''cha(n)'' se utiliza sobretodo ao respostar a unha afirmación, tanto para confirmar unha afirmación negativa (''Níl aon mhaith ann'' - ''Chan fhuil, leoga'' = "Non é bon" - "Seguro que non o é") como para refutar unha afirmativa (''Tá sé go maith'' - ''Chan fhuil!'' = "É bon" - "Non, non o é!"), mentres que ''ní'' se prefire para contestar a unha pergunta (''An bhfuil aon mhaith ann?'' - ''Níl'' = "É bon?" - "Non").
Liña 99:
 
==Estrutura lingüística==
Os rasgostrazos máis chamativos son a [[ortografía]], a [[mutación da consoante inicial]], a [[sintaxe]] verbo+suxeito+obxecto e a utilización de dúas formas distintas para o verbo ser/estar.
 
===Sintaxe===
Liña 119:
 
===Morfoloxía===
Outro rasgotrazo da gramática inglesa que comparte con outras linguas celtas é o uso dos pronomes prepositivos (''forainmneacha réamhfhoclacha''), que son basicamente [[preposición]]s [[conxugación|conxugadas]]. Por exemplo, a palabra que significa "en" é ''ag'', que na primeira persoa do singular se convirte en '''agam''' "en min". Cando se usa co verbo ''bí'' ("ser/estar"), ''ag'' indica posesión. É o equivalente do verbo "ter", do que carece o irlandés.
 
{|cellspacing="7"