Lebre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m rasgo->trazo
Liña 1:
[[Imaxe:Running_hare.jpg|240px|thumb|Lebre común]]
Reciben o nome común de '''lebres''' polo menos 35 especies pertencentes á familia ''Leporidae'' sendo chamadas o resto "[[coello]]s" de forma común. Tal división dos ''Leporidae'' non é científica, pois non responde a unha realidade dende o punto de vista evolutivo, senón a observacións sobre o seu aspecto e hábitos. Polo xeral, dise que as lebres son os lagomorfos coas orellas e ollos máis desenvolvidos, son máis lixeiras e veloces (algunhas especies chegan ata os 70 km/h), non constrúen coelleiras senón semples leitos nos acobillos do terreo e paren crías provistas de pelo e cos ollos abertos. Non obstante, existen excepcións a algúns destes rasgostrazos xerais, como por exemplo os coellos do xénero ''Sylvilagus'', que non constrúen coelleiras como os coellos europeos, pero que non se consideran lebres.
 
Polo xeral as lebres son animais de figura lixeira e patas traseiras moi evolucionadas para a carreira. As orellas, xeralmente longas, varían en lonxitude dunhas especies a outras, sendo máis longas e amplas naqueles animais que viven en climas desérticos como a ''lebre de Californià'', chamada popularmente ''jackrabbit'' nos [[Estados Unidos]], mentres que as que viven en climas fríos como a ''lebre ártica'' son proporcionalmente máis pequenas e aseméllanse ás dos coellos. Tódalas especies posúen un oído moi agudo e probablemente o principal á hora de detectar os seus eventuais depredadores, aínda que tamén dispoñen dunha boa vista e olfacto. Ó mínimo indicio de perigo o animal comeza unha frenética carreira que, nalgunhas especies como a ''lebre europea'', inclúe constantes cambios de sentido e rodeos para confundir ó atacante.