Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:A Taberna (xeral)»

Respostas
(→‎Cambios de opinión: que se espera ?)
(Respostas)
<br> Repito o que eu mui claro pa min : a) ningun exterior pode dar directiva de ningun tipo os usuarios da Galipedia, b) calquer persoa pode contribuir na Galipedia cando lle antoxa.
<br> Agora quen ten ideas pa propor un proxecto ? A ver si un usuario abre unha paxina especial anunciada no portal da comunidade pa elaborar un o varios proxectos ? '''Esto a a unica cousa que eu espero pa contribuir co dia das letras galegas, a Galipedia sexa atrativa e si novos usuarios se presentan en cantidade pois que aumentan as edicios !'''[[User:Elvire|Elvira]]<sup>[[User talk:Elvire|Conversa con mi]]</sup> 21:00, 19 marzo 2008 (UTC)
 
===Respostas===
Atopo moitas cousas escritas nestes dias e en sitios moi diversos. Como foi aquí onde se presentou a proposta, respostarei aquí. A verdade é que a maioría da información xa está na intervención de Xabier Cid de máis arriba polo que, a quen lle interese, recoméndolle lela. Respostando a Prevert, debo reiterar que eu nunca actuei en calidade de administrador da Wikipedia en galego para me abrogar representación nengunha, nen xestionei remuneración económica por actuar como administrador, nen ocultei información. Xa se ten dito que a empresa organizadora procuraba un perfil dalguén con coñecemento da Galipedia e con experiencia docente e así deron comigo, buscando o meu enderezo electrónico en google, e que eu non fun o primeiro. Iso é o que se debe entender co feito de que falasen comigo como administrador: non ''para que'' actue como tal senón ''porque'' se me presupón experiencia. Non evito responder ás preguntas dos colaboradores nen me agocho; estiven de vacacións até hoxe. Sobre o membro da empresa que coñezo, xa se dixo que había tres anos que non nos víamos, perdéramos o contacto e el non sabía que era eu cando se puxeron en contacto comigo. Sobre o cambio de opinión de Lmbuga, só podo expresar a miña sorpresa. Ás veces parece que estivese ausente na reunión (por sorte estábamos outros 6). Eu non mentín: como dixen na mensaxe que el sinala, telefonei para dicirlles que íades vós. Na reunión xa explicaron a razón que me deron: en vez de con voluntarios, prefiren traballar con unha única persoa e por iso rexeitaron a tua oferta. O escrito que tes nas tuas mans era só un borrador e non sei a que te refires coa actividade do 17 de maio, non menciona nengunha. Na reunión tamén dixen que eu me ia de vacacións até hoxe, por tanto non sei a que ven ese reproche que me fas de que sigues á espera e xa vai moito tempo. A verdade é que é unha mágoa ter unha oportunidade como esta e estragala deste xeito. Como acaba de sinalar Elvire xusto antes, cómpre pór en marcha un wikiproxecto e prepararnos para recibir a xente que, esperemos, atope este proxecto actractivo e decida ficar e colaborar. Por último, sobre a miña renuncia, non considero que teña feito nada negativo para o wiki, ao contrario. --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 21:44, 19 marzo 2008 (UTC)
17.175

edicións