Constancio I Cloro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
Elvire (conversa | contribucións)
m corrixo ligazon
Liña 1:
'''Marcus Flavius Valerius Constantius''', pasou á historia coma Constancio I Cloro (pola sua palidez). Naceu en [[Salona]] (Espalato) na [[Dalmacia]] no ano [[243]].
 
Da súa xuventude sábese pouco. No ano [[272]] casa con Helena, beatificada despois coma [[Helena de Constantinopla|Santa Helena]], nai do futuro emperador [[Constantino I o Grande]]. Poucas cousas se saben a ciencia certa da orixe de Helena. Puido ser filla do rei bretón [[Cole]] ou filla dunha concubina.
 
O [[1 de marzo]] do ano [[293]] foi nomeado César de occidente por [[Maximiano]]. Foi o elexido pola sua competencia no goberno da Dalmacia. Na división de Diocleciano de dous augustus e dous césares, a Constancio tocáronlle as provincias de [[Britania]] e a [[Galia]]. Repudiara a [[Helena de Constantinopla|Helena]] e casou con Teodora, fillastra de Maximiano no ano [[289]].
 
No ano [[296]], na Britania rebélase [[Carausio]], e proclámase emperador. Toma as terras británicas e algúns portos da Galia. Constancio lógrao derrotar, pero non nunha batalla definitiva, pero Carausio morre a mans do seu lugartenente [[Alecto]]. Pouco despois este é derrotado por Constancio, que se fai co control da Britania.