Contido eliminado Contido engadido
Liña 95:
 
É dicir: catelanismo é calquera influencia do español, en calquera nivel, sexa esta incorrecta ou correcta conforme a norma posterior. Determinar cando entra unha palabra e por onde entra é tarefa de etimólogos e historiadores da lingua, e un proceso demasiado arduo para despachalo en dúas patadas (entre outras cousas, habería que saber cando empezan a empregarse as palabras ''vasoira'' e ''escoba'' en galego, e referidas a que, e despois determinar se ese ''escoba'' entra no galego a través do provenzal, do español, do latín, etc.). E estamos a falar dun exemplo clásico e bastante claro. Outra cousa é que entendamos que "castelanismo" é unha palabra incorrecta en galego por proceder do español: iso non é correcto, pero ademais é bastante difícil de referenciar. Existen algúns dicionarios de "dúbidas" que se encargan destas cuestións, pero tampouco son precisamente biblias no tocante á confiabilidade; en todo caso, se ben poden ser fiábeis no que respecta ao grao de corrección, non o son, en absoluto, con respecto á etimoloxía. --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 13:19, 19 marzo 2008 (UTC)
 
* Non sei se me entendeches... Ti preguntáchesme se "render contas" era un castelanismo, e eu quixen responder que nin idea, que esa é unha pregunta difícil, das máis difíciles que se poden formular. Se a pregunta fose se "render contas" é incorrecto, habería que acudir a algunhas fontes, entre elas o dicionario da RAG, aínda que non é unha ferramenta demasiado fiábel. Das cousas que dis hai unha que me gusta especialmente: estes son debates pra especialistas. Efectivamente. A pesar de que calquera con un curso de iniciación e perfeccionamento se atreve a ir por aí sinalando palabras como castelanismos (como se fosen termos apestados), debemos tentar ser unha miga serios nesa cuestión, que como tamén dis, non ten que ver co grao de corrección ou incorrección. :) --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 17:18, 19 marzo 2008 (UTC)